Índice >> Lexislación, dereitos e medidas para a conciliación >> Dereitos, medidas e prestacións en materia de conciliación >> Suspensión do contrato por paternidade

Suspensión do contrato por paternidade

Establécese o dereito a unha suspensión do contrato de traballo por paternidade de 13 días de duración, ampliable en caso de parto, adopción ou acollemento múltiple en dous días máis por cada fillo/a a partir do/a segundo/a. O dereito exercerase a partir da finalización do permiso por nacemento dun/dunha fillo/a, adopción ou acollemento. Este permiso poderá desfrutarse en réxime de xornada completa ou parcial dun mínimo do 50%, cun acordo previo coa empresa.

anterior seguinte
Xunta de Galicia. Consellería de Traballo. Dirección Xeral de Relacións Laborais