Índice >> Ferramentas para a igualdade e a conciliación >> Ferramentas para avanzar na igualdade no ámbito laboral e na conciliación >> Plans de conciliación da vida laboral, persoal e familiar

Plans de conciliación da vida laboral, persoal e familiar

Recursos na rede

Como explicamos anteriormente, os plans de igualdade xerais, e especialmente os elaborados polas empresas, incorporan en moitas ocasións apartados específicos que recollen medidas para a conciliación. Noutras ocasións, este conxunto de medidas adquiren entidade propia e agrúpanse no seu propio plan de conciliación. Moitas empresas, por exemplo, non dispoñen dun plan de igualdade pero si dun plan de conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Estes plans de conciliación aplícanse e engloban todas as persoas traballadoras na empresa.

familia

Ademais, na unidade 3 imos describir un conxunto de ferramentas que permiten elaborar plans de conciliación en empresas ou accións puntuais para a conciliación (catálogo de boas prácticas para a conciliación, ferramentas para facer diagnoses -fichas, guieiros de entrevistas...-, metodoloxía para a aplicación de boas prácticas, guías metodolóxicas para a elaboración de plans de conciliación, ferramentas de avaliación etc.).

No que atinxe aos plans de conciliación elaborados pola administración, ímonos centrar, a modo de exemplo, no plan autonómico que contempla a política de conciliación. Actualmente, a Xunta de Galicia está desenvolvendo o Plan de fomento da corresponsabilidade. Este plan recolle un amplí- simo conxunto de medidas destinadas a avanzar na consecución da corresponsabilidade e a conci- liación da vida persoal, familiar e laboral. Como xa explicamos anteriormente, a corresponsabili- dade e a conciliación son caras da mesma moeda, no sentido de que non pode haber conciliación se non hai corresponsabilidade por parte de homes e mulleres na asunción das obrigas familiares.

O Plan de fomento da corresponsabilidade está estruturado nas seguintes áreas:

  1. Cambio de papeis e estereotipos sociais.
  2. Conciliación dos tempos persoais e sociais.
  3. Extensión dos servizos comunitarios.
  4. Recursos complementarios de conciliación.
  5. A conciliación como depósito de emprego.
Cada área estrutúrase seguindo a secuencia: área – subárea - obxectivo xeral - obxectivos especí- ficos - accións. Deseguido imos ver algunhas das actuacións que recolle este plan.



ÁREA 2. CONCILIACIÓN DOS TEMPOS PERSOAIS E SOCIAIS
SUBÁREA 2.1. FOMENTO DO USO CORRESPONSABLE DAS MEDIDAS DE CONCILIACIÓN
Acción 2.1.2. Axuda para a redución da xornada do pai para o coidado de fillos/as meno- res de 3 anos.
Financiamento parcial compensatorio pola diminución dos ingresos como consecuencia da xornada.
SUBÁREA 2.3. FOMENTO DA REORGANIZACIÓN DOS TEMPOS DAS EMPRESAS
Acción 2.3.7. Titorías de corresponsabilidade empresarial.
Posta en marcha dun servizo de diagnóstico e asesoramento na elaboración dun plan de corresponsabilidade a medida da empresa.

Táboa 8: accións do Plan de fomento da corresponsabilidade. Xunta de Galicia. Fonte: elaboración propia a partir do documento do Plan.

ÁREA 3. EXTENSIÓN DOS SERVIZOS COMUNITARIOS
SUBÁREA 2.1. MELLORA DOS SERVIZOS PARA A INFANCIA
Acción 3.1.2. Aumento do horario ofertado polas escolas infantís.
Definición duns horarios de atención que cubran toda a xornada laboral das persoas a cargo do/a menor.
Acción 3.1.3. Creación dunha “rede de canguros”.
SUBÁREA 2.3. MELLORA E AMPLIACIÓN DOS SERVIZOS DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS DEPENDENTES
Acción 3.2.3. Creación de servizos de apoio no fogar: lavandaría, comida, telefarmacia.
Acción 3.2.4. Ampliación da cobertura no servizo “Xantar sobre rodas” nun 141%. A través deste servizo unha persoa que non pode desenvolver esta actividade por si mesma poderá solicitar a recepción no seu fogar do xantar diario.

Táboa 9: accións do Plan de fomento da corresponsabilidade. Xunta de Galicia. Fonte: elaboración propia a partir do documento do Plan.

Antes de rematar este apartado debemos facer mención ao Plan Concilia elaborado polo Ministerio de Administracións Públicas. Este plan recolle o conxunto de medidas para a conciliación que beneficia aos traballadores e traballadoras da Administración xeral do Estado. Na seguinte táboa recollemos algunhas das medidas máis importantes.

MEDIDAS PARA A CONCILIACIÓN DO PLAN CONCILIA
  • Xornada laboral: máximo até as 18:00 horas.
  • Horarios flexibles: maior marxe para decidir o horario laboral.
  • Horarios máis flexibles para familias monoparentais.
  • Protección integral das vítimas da violencia de xénero.
  • Os cursos de formación continua poderán realizarse durante os permisos e as excedencias.

Táboa 10: accións do Plan Concilia da AGE. Fonte: elaboración propia a partir do documento re- sumo do Plan.

anterior seguinte
Xunta de Galicia. Consellería de Traballo. Dirección Xeral de Relacións Laborais