| Recursos na rede |
Desde hai anos as distintas administracións veñen desenvolvendo plans de igualdade de carácter xeral, é dicir, con proxección en múltiples ámbitos da sociedade. Actualmente, as administracións están desenvolvendo os seguintes plans:
Ademais, cada vez máis concellos de Galicia levan a cabo os seus propios plans.
Para explicar en que consisten estes plans de igualdade ímonos centrar, a modo de exemplo, no plan que actualmente está executando a Xunta de Galicia. Nalgúns casos, as accións de corresponsabilidade ou conciliación non se integran nun apartado concreto dun plan de igualdade, senón que contan co seu propio plan.
Na actualidade a Xunta de Galicia está levando a cabo o V Plan do goberno galego para a igualdade entre mulleres e homes (2007-2010). Calquera plan é un intento de estruturar de maneira coordinada, ordenada e coherente un conxunto de accións necesarias para conseguir uns obxectivos. A metodoloxía da planificación indica que calquera plan debe conter, como mínimo:
O Plan de igualdade do Goberno galego recolle a maior parte destes aspectos. Está estruturado en torno a catro liñas estratéxicas:
Como podemos comprobar, este plan non recolle ningunha liña estratéxica relativa á conciliación e a igualdade de condicións e oportunidades, no mundo laboral en xeral e nas cooperativas en par- ticular. As accións para a conciliación contan coa súa propia ferramenta planificadora. No anterior plan galego, o IV Plan de igualdade de oportunidades das mulleres galegas (2002-2005), recollíase unha área específica de formación, emprego e conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Na seguinte figura podemos ver como se estrutura cada liña estratéxica:
Figura 1: estruturación das liñas estratéxicas do V Plan do goberno galego para a igualdade entre mulleres e homes. 2007-2010. Fonte: elaboración propia a partir do documento do Plan.
A continuación imos ver algunhas das actuacións que recolle este plan e os obxectivos xerais e específicos en que se enmarca.
| LIÑA ESTRATÉXICA 1: PARTICIPACIÓN E EMPODERAMENTO |
|---|
| OBXECTIVO XERAL |
| Valorar os temas que afecten as necesidades básicas ou prácticas e os intereses estra téxicos das mulleres galegas dun xeito transversal nas políticas da Xunta de Galicia. Fomentar a inclusión da perspectiva de xénero e a presenza, a participación activa, a representación equilibrada e o empoderamento da diversidade das mulleres. |
| OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.1 FOMENTAR A TRANSVERSALIZACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NAS POLÍTICAS PÚBLICAS DA XUNTA DE GALICIA |
Actuacións:
|
|
OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.4 FOMENTAR E GARANTIR A REPRESENTACIÓN EQUITATIVA E A PARTICIPACIÓN ACTIVA DAS MULLERES NAS INSTITUCIÓNS E ÓRGANOS DE TOMA DE DECISIÓNS, TANTO DE ÁMBITO PÚBLICO COMO PRIVADO |
Actuacións:
|
Táboa 1: obxectivos e accións do V Plan do goberno galego para a igualdade entre mulleres e homes. 2007-2010. Fonte: elaboración propia a partir do documento do Plan.
| LIÑA ESTRATÉXICA 3: FORMACIÓN EN IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES. |
|---|
| OBXECTIVO XERAL |
| Promover un cambio cultural e garantir a inclusión da perspectiva de xénero na xestión dos procesos no ámbito da formación da Xunta de Galicia. Ofertar a actualización de coñecementos e formación en perspectiva de xénero e igualdade entre mulleres e homes. |
| OBXECTIVO ESPECÍFICO 3.1 LEVAR A CABO OS CAMBIOS NECESARIOS QUE GARANTAN A INCLUSIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA XESTIÓN DE PROCESOS NO ÁMBITO DE FORMACIÓN DA XUNTA DE GALICIA |
Actuacións:
|
Táboa 2: obxectivos e accións do V Plan do goberno galego para a igualdade entre mulleres e ho- mes. 2007-2010. Fonte: elaboración propia a partir do documento do Plan.