Xantar Ourense 2012
O vindeiro Ano Internacional das Cooperativas estará cargado de actividades de promoción e difusión do Cooperativismo en Galicia, e empezamos coa presenza no "Xantar Ourense 2012" do 1 ao 5 de febreiro de 2012 no recinto feiral de Expourense de Ourense.
Para tal fin e considerando importante unha participación activa das cooperativas no stand do Consello Galego de Cooperativas, habilítase a inscrición das mesmas con anterioridade ao vindeiro 27 de xaneiro de 2012, ben a través das súas respectivas Asociacións de Cooperativas, ben na páxina web www.cooperativasdegalicia.com ou comunicándoo ao Consello Galego de Cooperativas no correo electrónico antonio.lopez.cid@xunta.es
Se dará cabida ao maior número de cooperativas posibles, pero pode ser que se teña que recorrer a unha selección das inscricións en función da data de confirmación da solicitude e de criterios de idoneidade e adaptación aos obxectivos do evento.
Formulario de Inscripción