Fomento do emprego en empresas de economía social. Promoción do cooperativismo

Finalidade | Beneficiarios/as | Modalidades e contía das axudas | Criterios de avaliación
Finalidade | Beneficiarios/as | Subvención financeira | Subvención directa | Normas comúns | Contratación directores/as ou xerentes | Criterios de avaliación
Finalidade | Beneficiarios/as | Asesoramento e acompañamento | Asistencia técnica e gastos | Axuda excepcional | Concertación de financiamento
Finalidade | Beneficiarios/as | Contía das axudas
Finalidade | Beneficiarios/as | Modalidades e contía das axudas | Criterios de avaliación
Finalidade | Beneficiarios/as | Modalidades e contía das axudas | Requisitos incorporación profesionais e prestación de servizos | Contía máxima
Finalidade | Beneficiarios/as | Actividades subvencionables | Criterios de avaliación

Programa III

IMPULSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS COOPERATIVOS
Subvencións 2009

Finalidade

Este programa ten como finalidade esencial fomentar e promover o cooperativismo no ámbito da comunidade autónoma, concedendo axudas económicas que faciliten a posta en marcha dos proxectos empresariais que se articulen baixo a fórmula cooperativa, tanto para aqueles que sexan de nova creación como para os xerados polas entidades existentes. Poderán ter a consideración de proxectos subvencionables, entre outros, a constitución de novas cooperativas ou o lanzamento de novas áreas funcionais ou territoriais de actividade polas cooperativas en funcionamento.

Beneficiarios/as

As cooperativas de nova creación ou as que acometan novos proxectos empresariais, así como as persoas e entidades que presten os servizos de asesoramento e acompañamento de proxectos nos termos previstos no apartado 3 da presente base. Unicamente se poderá presentar unha solicitude por cada proxecto empresarial. O período de realización das actividades obxecto de axuda ou subvención é o comprendido entre o 16 de setembro de 2008 e o 15 de setembro de 2009.

Asesoramento e acompañamento de proxectos

  1. Poderán outorgarse subvencións para o asesoramento e acompañamento de proxectos, que comprenderá desde a realización de actividades previas ao inicio da actividade, tales como a orientación do proxecto e accións formativas e informativas dos promotores, ata a elaboración do plan empresarial da cooperativa, o seu seguimento e asesoramento na execución. As solicitudes poderán ser formuladas ou ben pola cooperativa promotora ou ben polos que presten o servizo, neste último caso poderá presentarse unha solicitude por cada un dos proxectos asesorados.
  2. Será preceptiva a elaboración dun plan de traballo normalizado, por parte dos que presten o servizo, co seguinte contido mínimo:
    O número de horas dedicadas ao acompañamento do proxecto, que non será inferior a 200 horas anuais, das cales deberán reservarse o número suficiente que permita o mantemento dunha reunión de seguimento quincenal, así como 100 horas para a realización de sesións especificas con todos os socios cooperativistas para o tratamento e análise das seguintes áreas:
    • Formación cooperativa e habilidades sociais (20 horas)
    • Económico – financeira (20 horas)
    • Comercial – mercado (20 horas)
    • Organizativa (40 horas)
      Cada reunión ou actuación subvencionable deberá documentarse cos modelos normalizados facilitados pola Consellería de Traballo, que conterán, como mínimo, a súa duración e lugar de celebración, a relación de asistentes cos seus datos de identificación e sinaturas de conformidade, así como con copias dos documentos elaborados nas distintas fases.
  3. O asesoramento e acompañamento subvencionable unicamente poderá ser prestado por persoas físicas ou xurídicas que conten con persoal, propio ou concertado, con coñecementos e formación especifica nas áreas que se indican:
    • Cooperativismo: considerarase acreditado este requisito pola participación en actividades formativas, nas que a carga lectiva especifica sobre cooperativismo teña unha duración mínima de 60 horas.
    • Xestión empresarial: considerarase acreditado este requisito polos licenciados en administración e dirección de empresas, diplomados en ciencias empresariais ou diplomados en relacións laborais.
    • Asesoría xurídica: considerarase acreditado este requisito polos licenciados en Dereito.
    • Xestión societaria: considerarase acreditado este requisito pola participación en actividades formativas en materia de psicoloxía organizacional, habilidades sociais, traballo en equipo e solución de conflitos, xunto cunha experiencia mínima de 3 anos de asesoramento nesta área.
  4. A contía da subvención ascenderá a 30 euros por hora de información, formación ou asesoramento por cada proxecto. O número mínimo de persoas asesoradas por proxecto será de tres. Establécense os seguintes límites máximos para a subvención, en función das persoas físicas promotoras directamente asesoradas:
    • 3 persoas promotoras: ata 200 horas.
    • Entre 3 e 5 persoas promotoras: ata 250 horas.
    • Entre 5 e 10 persoas promotoras: ata 300 horas.
    • Entre 10 e 15 persoas promotoras: ata 350 horas.
    • Entre 15 e 25 persoas promotoras: ata 400 horas.
    • Entre 25 e 50 persoas promotoras: ata 450 horas.
    • Máis de cincuenta persoas promotoras: ata 500 horas.

Para estes efectos entenderase por persoas directamente asesoradas, aquelas que participen na totalidade das sesións específicas previstas no apartado 3.2. O número total de horas xustificadas en concepto de preparación das actividades onde participen presencialmente os promotores, non poderá superar o 50% do total.
Se os/as promotoras desisten do proxecto antes de finalizar o acompañamento previsto, resultarán subvencionables as actuacións realizadas ata ese momento, cos limites anteriormente indicados. A xustificación desta subvención realizarase mediante achega da documentación establecida no artigo 8.3º da orde de convocatoria.

Asistencia técnica e gastos de constitución

Poderán ser obxecto de subvención ata o 75% dos gastos ocasionados con motivo da posta en marcha dos proxectos que se indican a continuación, ata un máximo de 2.000 euros:

  • Asistencias técnicas consistentes na elaboración de estudos de viabilidade, de organización, de comercialización, auditorías e outros informes económicos.
  • Asesoramento para a elaboración dos estatutos sociais e regulamentos de réxime interno.
  • Formalización e inscrición da escritura pública e demais trámites derivados do proceso de constitución da cooperativa.

A asistencia técnica e o asesoramento deberán ser prestados por persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa solvencia profesional por medio de titulación académica oficial suficiente para a prestación do servizo. No caso de persoas xurídicas, o/a posuidor/a da titulación deberá acreditar o seu vínculo coa entidade.

Axuda excepcional para o lanzamento de actividade

Poderáselles conceder unha axuda excepcional para o lanzamento de actividade a cooperativas de traballo asociado ou que asocien traballadores/as. O importe desta axuda que se concederá por unha soa vez a entidades de nova creación, consistirá nunha subvención de ata o 50% dos gastos necesarios para o inicio da actividade, cun máximo de ata 3.000 euros por cada socia ou socio traballador/a que, no momento da súa alta na Seguridade Social, fose desempregado/a con inscrición como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego.

Entenderase por entidade de nova creación aquela que inicie a súa actividade con posterioridade ao 15 de setembro de 2008, considerando como data de inicio a de alta no imposto de actividades económicas ou, de ser o caso, a de alta no censo de obrigados/as tributarios/as do Ministerio de Economía e Facenda. Serán subvencionables, a través desta axuda, os gastos pola compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local e maquinaria, publicidade, subministracións, sempre que se realicen no primeiro ano desde o inicio da actividade

Poderán ser obxecto de subvención ata o 75 % dos custos derivados da concertación de instrumentos financeiros a través de entidades de garantía recíproca e a súa formalización, ata un máximo de 6.000 euros por proxecto.

Concertación de financiamento a través de entidades de garantía recíproca

Poderán ser obxecto de subvención ata o 75 % dos custos derivados da concertación de instrumentos financeiros a través de entidades de garantía recíproca e a súa formalización, ata un máximo de 6.000 euros por proxecto.

volver

Xunta de Galicia | Consellería de Traballo | Consello Galego de Cooperativas|