Beneficiarios/as
- Poderán acollerse ás axudas previstas neste programa as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como socios e socias traballadores/as ou de traballo ás persoas que no momento da incorporación sexan desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego pertencentes a algún dos seguintes colectivos:
- Mocidade menor de 25 anos.
- Persoas maiores de 25 anos e menores de 30 que finalizaren a súa educación a tempo completo nos dous anos anteriores á súa incorporación e que non tiveran antes un primeiro emprego fixo remunerado.
- Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
- Traballadores e traballadoras aos cales se lles recoñeceu o aboamento da prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único.
- Mulleres desempregadas que se incorporen como socias traballadoras tras unha ausencia do mercado de traballo non inferior a 24 meses.
- Mulleres desempregadas que se incorporen como socias traballadoras nos 24 meses seguintes á data do parto, adopción ou acollemento.
- Mulleres desempregadas cando se incorporen para prestar servizos en profesións ou ocupacións con menor índice de emprego feminino, de acordo co disposto na Orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, do 16 de setembro de 1998 (BOE do 29 de setembro).
- Persoas titulares de familias monoparentais e con responsabilidades familiares. Terá esta consideración aquela persoa solteira, viúva, separada ou divorciada que teña ao seu coidado fillos ou fillas menores de 21 anos ou persoas maiores incapacitadas que non obteñan ingresos de calquera natureza superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional vixente no momento da solicitude.
- Mulleres maiores de 25 anos e menores de 45.
- Persoas desempregadas que realizasen, no ano da presentación da solicitude ou nos dous anos naturais anteriores, cursos de formación profesional ocupacional do Plan FIP directamente relacionados co posto de traballo ao cal se incorporan.
- Persoas desempregadas que participaron, no ano de presentación da solicitude ou nos dous anos anteriores, como alumnado en escolas obradoiro, casas de oficio ou en obradoiros de emprego directamente relacionadas no seu contido co posto de traballo ao cal se incorporan; ou ben, que traballaron no ano da presentación da solicitude ou no ano natural anterior en obras ou servizos de interese xeral realizados en virtude doutros programas de fomento do emprego.
- Persoas desempregadas de longa duración que estiveron sen traballo e inscritas na oficina de emprego durante polo menos 12 dos anteriores 16 meses, ou durante 6 dos anteriores 8 meses, se son menores de 25 anos.
- Persoas desempregadas afectadas por diversidade funcional cun grao de minusválidez non inferior ao 33%.
- Persoas desempregadas en situación de risco de exclusión social pertencentes a algún dos seguintes colectivos:
- Perceptores/as da renda de integración social de Galicia ou aqueles/as que non poidan acceder a ela, ben por falta do período esixido de residencia ou empadroamento, ou ben por ter esgotado o período máximo de percepción legalmente establecido, ou membros da súa unidade familiar en desemprego.
- Persoas que participen ou participaron en procesos de rehabilitación ou reinserción social de drogodependentes/as coa debida acreditación ou autorización
- Internos/as de centros penitenciarios cuxa situación penitenciaria lles permita acceder a un emprego, así como liberados/as condicionais ou ex-reclusos e ex-reclusas que non tivesen antes un primeiro emprego fixo remunerado tras un período de privación de liberdade.
- Mulleres procedentes de casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción laboral.
- Mulleres que abandonasen o exercicio da prostitución e se incorporen ao mercado laboral.
- As persoas que teñan acreditada pola administración competente a condición de vítima de violencia doméstica por parte dalgún membro da unidade familiar de convivencia.
- Menores internos/as incluídos/as no ámbito de aplicación da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos/as menores, cuxa situación lles permita acceder a un emprego, así como os que estean en situación de liberdade vixiada e os/as ex-reclusos/as.
- A mocidade que estea ou estivo ata a súa maioría de idade baixo a tutela ou garda da administración autonómica.
- Traballadores e traballadoras inmigrantes que pasen a ser residentes da comunidade cuxas características condicionen a súa integración social.
- Emigrantes retornados e retornadas con graves necesidades persoais ou familiares. Terán a consideración de retornados/as aqueles/as emigrantes que cumpran coa condición de que non transcorresen máis de dous anos entre a data do retorno e a data da alta no correspondente réxime da Seguridade Social.
- Persoas que formen parte de colectivos ou minorías cuxas características poidan condicionar as súas posibilidades de integración social.
- Perceptores/as da renda de integración social de Galicia ou aqueles/as que non poidan acceder a ela, ben por falta do período esixido de residencia ou empadroamento, ou ben por ter esgotado o período máximo de percepción legalmente establecido, ou membros da súa unidade familiar en desemprego.
- Traballadores e traballadoras desempregados/as por mor dalgunha das causas previstas nos artigos 50, 51 e 52 b) e c) do Estatuto dos Traballadores ou que procedan de empresas inmersas nalgún outro proceso de reestruturación ou reconversión, ou do peche da empresa de procedencia, polas causas previstas no artigo 49.1º g) do Estatuto dos Traballadores, agás no caso de que na emprá cal se incorporen participe o empresario/a ou persoas que participaron no capital social da extinta empresa, directa ou indirectamente, ou os seus familiares ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade.
- Para os efectos desta axuda, o requisito de estar desempregado/a e inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego deberá cumprirse na data de alta do socio ou socia traballador/a no correspondente réxime da Seguridade Social.
- Poderán resultar, así mesmo, beneficiarias as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como socios traballadores as persoas vinculadas á empresa por un contrato de traballo temporal non superior a 24 meses, cunha vixencia mínima de 6 meses á data da súa incorporación.
- A incorporación deberá supoñer incremento do emprego fixo e do número de socios e socias traballadores/as ou de traballo da entidade beneficiaria da axuda, respecto á media dos últimos doce meses anteriores á incorporación dos novos socios e socias por quen se percibe a axuda. Para os efectos do incremento do emprego non se terán en conta os traballadores e traballadoras temporais.
Non se poderá conceder esta axuda cando se trate da incorporación de socios ou socias traballadores/as ou de traballo que tiveron tal condición na mesma empresa nos dous anos anteriores a súa incorporación como socios/as.
Non se poderá conceder esta axuda cando se trate da incorporación de socios ou socias traballadores/as ou de traballo que tiveron tal condición na mesma empresa nos dous anos anteriores a súa incorporación como socios/as.