Fomento do emprego en empresas de economía social. Promoción do cooperativismo

Finalidade | Beneficiarios/as | Modalidades e contía das axudas | Criterios de avaliación
Finalidade | Beneficiarios/as | Subvención financeira | Subvención directa | Normas comúns | Contratación directores/as ou xerentes | Criterios de avaliación
Finalidade | Beneficiarios/as | Asesoramento e acompañamento | Asistencia técnica e gastos | Axuda excepcional | Concertación de financiamento
Finalidade | Beneficiarios/as | Contía das axudas
Finalidade | Beneficiarios/as | Modalidades e contía das axudas | Criterios de avaliación
Finalidade | Beneficiarios/as | Modalidades e contía das axudas | Requisitos incorporación profesionais e prestación de servizos | Contía máxima
Finalidade | Beneficiarios/as | Actividades subvencionables | Criterios de avaliación

Información complementaria

Subvencións 2009

Aboamento de cotas á Seguridade Social
(Perceptores Pagamento Único)

Beneficiarios/as

A Orde do 5 de agosto de 2008 (DOG nº 176 do 11/09/08)* estableceu as bases reguladoras do procedemento de aboamento de cotas á Seguridade Social dos traballadores e traballadoras que percibisen a prestación por desemprego, na súa modalidade de pagamento único, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Que percibisen a prestación por desemprego, de nivel contributivo, na súa modalidade de pagamento único.
  2. Que optasen polo aboamento, dunha soa vez, da totalidade da prestación por desemprego.
  3. Que adquirisen a condición de socio ou socia traballador/a ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con centro de traballo en Galicia; ou que se constituísen como traballador ou traballadora autónomo/a sempre que se trate dunha persoa cunha discapacidade igual ou superior ao 33 por 100.
  4. Que iniciasen a actividade dentro do mes seguinte á percepción da prestación de pagamento único ou atoparse en fase de iniciación.
  5. Estar dado/a de alta no correspondente réxime da Seguridade Social.

* A convocatoria correspondente ao ano 2009, está pendente de publicación no DOG.

Contía:

A axuda consiste no aboamento do 50 por 100 da cota ao réxime correspondente á
Seguridade Social como traballador ou traballadora autónomo/a, calculada sobre a base
mínima de cotización, ou o 100 por 100 da achega do traballador ou traballadora nas
cotizacións ao correspondente réxime da Seguridade Social, durante o período polo
que se percibiría a prestación por desemprego de non percibirse na súa modalidade de
pagamento único, computándose, para efectos desta axuda, a partir da data de alta no
correspondente réxime da Seguridade Social.

Solicitudes:

As solicitudes de axudas e subvencións presentaranse nos rexistros das respectivas delegacións provinciais da Consellería de Traballo, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A persoa beneficiaria do aboamento de cotas á Seguridade Social deberá presentar unha única solicitude por tódalas mensualidades ás que teña dereito no prazo de seis meses contado desde o derradeiro día do primeiro mes no que teña dereito ao aboamento.

Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de setembro. Cando o prazo de seis meses, indicado anteriormente, finalice con posterioridade ao 15 de setembro a solicitude poderá presentarse a partir do 1 de xaneiro do exercicio seguinte e ata o 31 de maio. Se as primeiras mensualidades, polas que a persoa beneficiaria ten dereito ao aboamento, son as correspondentes ao cuarto trimestre do ano, a solicitude poderá presentarse ata o 30 de xuño do ano seguinte.

Documentación:

A solicitude deberá presentarse no modelo normalizado que figura como anexo a orde e deberá ir acompañada, do orixinal ou fotocopia compulsada, dos seguintes documentos:

  1. Copia do DNI ou NIF do/da solicitante.
  2. Copia da resolución do director ou directora provincial do Servicio Público de Emprego Estatal pola que se aproba o aboamento da totalidade da prestación contributiva por desemprego nun único pagamento.
  3. Boletín de cotización á Seguridade Social da primeira mensualidade pola que se solicita o aboamento e, se é o caso, boletíns de cotización correspondentes ás mensualidades xa aboadas no momento da presentación da solicitude.
  4. Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes de axudas efectuadas ou concedidas, para a mesma finalidade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados (segundo o modelo do anexo III da Orde de convocatoria). Ou, de ser o caso, unha declaración de que non se solicitaron nin percibiron outras axudas ou subvencións (no modelo de solicitude).
  5. Ficha de transferencia bancaria e certificado da entidade financeira acreditativo de que a persoa solicitante é titular da conta corrente que indica.

volver

Xunta de Galicia | Consellería de Traballo | Consello Galego de Cooperativas|