Programa e prazo: |
Beneficiarios: |
Finalidade: |
Contía: |
| PROGRAMA I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais. Prazo: 3 meses desde alta na Seguridade Social. Rematará o 15/09/2009 |
Cooperativas e sociedades laborais que incorporen como socios/as traballadores/as ou de traballo a persoas desempregadas pertencentes a determinados colectivos(a).
|
Fomentar a incorporación do persoal desempregado e traballadores/as con carácter temporal, como socios e socias traballadores/as ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido. | Variable por cada persoa desempregada que se incorpore segundo colectivo de pertenza. Desde 5.500€ ata 10.000€. |
| PROGRAMA II: Mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais. Prazo: Rematará o 15/09/2009 |
As cooperativas con socios e socias traballadores/as ou de traballo e as sociedades laborais. | A subvención financeira e a subvención directa, teñen por obxecto facilitar o financiamento dos investimentos realizados por cooperativas ou sociedades laborais en inmobiilizado material ou inmaterial, que sexan necesarios para a súa posta en funcionamento ou ampliación así como para a incorporación de novas tecnoloxías da información e as comunicacións. | Subvención financeira: Reducción de ata catro puntos do tipo de xuro sen que en ningún caso, o resultante poida ser inferior a un punto. Subvención directa: ata o 50% do custo de adquisición dos activos excluidos impostos e importe financiado polos prestamos subvencionados. Nos dous supostos a contribución do beneficiario/a deberá ser como mínimo do 25% e o importe máximo da subvención de 3.000€ por cada socio/a. |
| As cooperativas de traballo asociado. | Axuda para a contratación de directores/as ou xerentes (mellora da xestión empresarial, viabilidade da empresa e boa fin do proxecto de investimento). | Esta contratación subvencionarase por un periodo máximo dun ano ata o 50 % do custo total da mesma, sen que poida superar a contía de 20.000€. | |
| PROGRAMA III: Impulso de proxectos empresariais
cooperativos. Prazo: Rematará o 15/09/2009. |
Cooperativas de nova creación ou que acometan novos proxectos empresariais e que realicen as actividades obxecto da axuda desde o 16/09/2008 ata o 15/09/2009 así como as persoas e entidades que presten servizos de asesoramento e acompañamento destes proxectos. | Realización de actividades previas ao inicio da ctividade, tales como orientación e acompañamento do proxecto e accións formativas e informativas dos promotores, elaboración do plan empresarial e o seu seguimento e asesoramento na execución. | Ata 15.000€, con límites en función do número de promotores e de horas dedicadas ás actividades. |
| Cooperativas de nova creación ou que acometan novos proxectos empresariais. | Elaboración de estudios, estatutos sociais e trámites de constitución. | Ata o 75 % dos custos cun máximo de 2.000€ por proxecto. | |
| Axudas para acceso ao financiamento a través de sociedades de garantía recíproca. | Ata o 75 % dos custos derivados da concertación cun máximo de 6.000€ por proxecto. | ||
| Cooperativas de traballo asociado ou que asocien traballadores/ as de nova creación. | Axuda excepcional para o lanzamento de actividade que se concederá por unha soa vez. | Ata o 50 % dos gastos necesarios para o inicio da actividade, cun máximo de ata 3.000€ por promotor. | |
| PROGRAMA IV: Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a. Prazo: Rematará o 15/09/2009 |
Persoas desempregadas e asalariados/as das cooperativas, que accedan á condición de socio/a traballador/a, así como as persoas con xornada inferior á habitual demandantes de mellora de emprego. | Axudas para o acceso á condición de socios/as traballadores/ as de cooperativas, destinadas a financiar, parcialmente a achega ao capital social. | Ata 4.000€ sen que en ningún caso poida ser superior á contía que corresponda subscribir en concepto de achega de capital social e cota de ingreso, pola incorporación como socio ou socia traballador/a. |
| PROGRAMA V: Actividades de promoción do cooperativismo e adaptación ás tecnoloxías da información e as comunicacións. Prazo: Rematará aos 40 días hábiles dende o seguinte ao da publicación no DOG. |
Sociedades cooperativas inscritas nos rexistros de cooperativas dependentes da Xunta de Galicia que realicen as actividades desde o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro ano 2009. | Apoiar o desenvolvemento de actividades para o fomento do cooperativismo, entre outras: Organización de cursos, xornadas, conferencias e simposios. Elaboración, publicación e difusión de estudos, informes, traballos de investigación, manuais e folletos divulgativos. Elaboración de proxectos de intercooperación e integración. Presenza da cooperativa en feiras, mostras e congresos. Participación en cursos de formación para a mellora da dirección e xestión cooperativa. Realización de actuacións de promoción do emprendemento cooperativo. | A contía das axudas non poderá superar o 75 % dos gastos, ata un máximo de 30.000€. |
| Apoiar a incorporación das cooperativas ás tecnoloxías da información e as comunicacións. | Ata o 75 % dos gastos, máximo de 10.000€. LÍMITES: Web e incorporación a redes, ata 3.000€; Xestión empresarial e societaria, así como comercio electrónico, ata 10.000€ |
||
| PROGRAMA VI: Apoio ás cooperativas que prestan servizos de natureza social e á comunidade. Prazo: Rematará o 15/09/2009. |
Cooperativas que realicen as súas actividades nas áreas dos servizos sociais, da integración social, da protección medioambiental e do tempo libre. | Axudas que faciliten o desenvolvemento e mellora da prestación de servizos de natureza social e á comunidade en Galicia, a través de fórmulas cooperativas. | Ata o 75 % dos gastos ocasionados con motivo de: Incorporación de psicólogos/as e outros profesionais necesarios ata 18.000€ por cooperativa. Adquisición de medios materiais necesarios ata 30.000€ por cooperativa. Programas novidosos, servizos adicionais, sistemas de xestión da calidade, actividades formativas, ata un máximo de 10.000€.Contía máxima neste programa: 40.000€ por cooperativa e 100.000€ para cooperativas de 2º grao ou outra forma de colaboración. |
| PROGRAMA VII: Fomento da prevención de riscos laborais no cooperativismo. Prazo: Rematará aos 40 días hábiles desde o seguinte ao da publicación no DOG |
Sociedades cooperativas inscritas nos rexistro de cooperativas dependentes da Xunta de Galicia que realicen as actividades desde o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro de 2009. | Apoiar o desenvolvemento de actividades relacionadas coa seguridade e saúde laboral, entre outras: actividades formativas, estudos, informes e traballos, técnicos, xornadas seminarios e publicacións divulgativas. | A contía non poderá superar os gastos necesario para a súa realización, ata un máximo de 5.000€ por beneficiaria ( ou 12.000€ nos casos de cooperativa de 2º grao ou outra forma de colaboración). |
| INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA | |||
Aboamento de cotas da seguridade social |
Perceptores da prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único. | Axuda consistente no aboamento de cotas á Seguridade Social durante o período polo que se percibiría a prestación de desemprego. | 100 % da achega correspondente ao traballador, nos casos de alta no réxime xeral da seguridade social. 50% da cota sobre base mínima de cotización no caso de alta en Autónomos. |
* Este é un cadro resume que unicamente pretende dar unha visión global das axudas. Para coñecer a normativa reguladora e as condicións de obtención das axudas debe ampliarse a información na orde do 25 de marzo de 2009 (DOG nº 62 de 31-03-09).
(a) Os colectivos beneficiarios e demais condicións da subvención poden consultarse na Orde do 25 de marzo de 2009 (DOG nº 62 de 31-03-09).
(b) Ver condicións particulares para último trimestre do ano. (Orde do 5 de agosto de 2008 (DOG nº 176 do 11.09.08).