Finalidade
A convocatoria destas axudas e subvencións ten como finalidade promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social, apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación e modernización deste tipo de empresas, mediante unha mellora da súa competitividade, así como a promoción do cooperativismo a través dos seguintes programas:
- Programa I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais
- Programa II: Mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais
- Programa III: Impulso de proxectos empresariais cooperativos
- Programa IV: Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a
- Programa V: Actividades de promoción do cooperativismo e adaptación ás tecnoloxías da información e as comunicacións
- Programa VI: Apoio ás cooperativas
que prestan servizosde natureza social e á comunidade
- Programa VII: Fomento da prevención
de riscos laborais
no cooperativismo
Persoas e entidades beneficiarias
Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde:
- As cooperativas e sociedades laborais tanto para as actuacións previstas no programa I de Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais como para as axudas previstas no programa II relativas á contratación de directores/as xerentes.
- As cooperativas con socios/as traballadores/as ou de traballo e as sociedadeslaborais para as actuacións previstas no programa II relativas á realización de investimentos.
- As cooperativas de nova creación ou as que acometan novos proxectos nos termos e para as actuacións previstas no programa III de impulso de proxectos empresariais cooperativos, así como as persoas e
entidades que presten os servizos de asesoramento e acompañamento nos termos previstos no punto 3 da base terceira.
- As persoas desempregadas e as que realicen unha xornada inferiorá habitual, así como asalariados/as das cooperativas, nos termos e para as axudas previstas no programa IV de fomento do acceso á condición
de socio/a traballador/a.
- As cooperativas para as actuacións previstas no programa V de actividadesde promoción do cooperativismo e adaptación ás tecnoloxías da información e as comunicacións, así como no programa VII de fomento de prevención de riscos laborais no cooperativismo.
- As cooperativas que presten servizos de natureza social e á comunidade nos termos previstos no programa VI.
|
Con carácter xeral os beneficiarios e as beneficiarias
deberán reunir os seguintes requisitos:
- As entidades deberán estar legalmente constituídas e/ou inscritas no Rexistro de Cooperativas de Galicia ou no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais, ambos dependentes da Xunta de Galicia, e/ou no Rexistro Mercantil, se é o caso.
- Estar ao día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.
- Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade
de obter subvencións.
|
Esta orde non será de aplicación ás solicitudes formuladas
polas empresas e para as actividades que se indican a seguir:
- Empresas que operan nos sectores da pesca e a acuicultura, segundo se recolle no Regulamento (CE) núm. 104 do Consello (DO L 17 do 21 de xaneiro de 2000).
- Empresas que operan na produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.
- Actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou Estados membros, é dicir, a axuda vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación ou funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.
- Empresas activas no sector do carbón, segundo se define no Regulamento (CE) núm. 1407/2002.
- Adquisición de vehículos de transporte de mercadorías por estrada, por empresas que realicen por conta allea operacións de transporte de mercadorías por estrada.
- Empresas en crise.
|