Finalidade
Este programa ten como finalidade promover a prestación de servizos de natureza social baixo a fórmula cooperativa en Galicia, mediante a concesión de axudas económicas que faciliten o desenvolvemento e mellora dos proxectos empresariais novos ou en curso.
Beneficiarios/as
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas neste programa, as cooperativas de servizos sociais e de integración social, debidamente inscritas no Rexistro de Cooperativas de Galicia, que realicen as actividades obxecto deste programa durante o ano 2008. Tamén poderán ser beneficiarias aquelas cooperativas de calquera clase que realicen as súas actividades no eido dos servizos sociais, así como as cooperativas de segundo grao e outras formas de colaboración económica que poidan establecerse entre cooperativas.
Modalidades e contía das axudas
- Poderán ser obxecto de subvención ata o 75% dos gastos ocasionados con motivo de:
- Incorporación como socios/as ou contratación de traballadores/as sociais, psicólogos/as e outros/as profesionais de especial cualificación que resulten necesarios para a viabilidade da empresa e unha adecuada prestación do servizo. A subvención calcularase sobre o importe total da contratación ou incorporación computada para un período máximo dun ano, debendo respectar o disposto para a contratación de asalariados/as pola lexislación vixente de cooperativas, de ser o caso, e non poderá superar a contía de 18.000 euros por cooperativa. A xustificación desta subvención realizarase mediante achega da documentación establecida no artigo 8º.3 da orde de convocatoria
- Adquisición dos medios materiais que resulten necesarios para a prestación do servizo e redunden directamente na mellora da súa calidade, ata un máximo de 30.000 euros por cooperativa.
- Organización de programas innovadores e de prestacións e servizos adicionais de proximidade, que complementen e melloren o servizo prestado pola cooperativa aos usuarios, así como a implantación de procesos e sistemas de xestión da calidade e a realización de actividades formativas dirixidas aos/ás socios/as e traballadores/as áreas directamente relacionadas coa prestación dos seus servizos profesionais e coa xestión empresarial cooperativa, ata un máximo de 10.000 euros por cooperativa
Requisitos para a incorporación de
profesionais e para a prestación de servizos
Debe garantirse a cualificación e solvencia profesional, tanto do persoal incorporado como dos servizos prestados, de ser o caso, acreditando os seguintes requisitos:
- Titulación académica oficial suficiente para a prestación do servizo.
- No caso de contratación de servizos externos, a persoa ou entidade contratada deberá exercer a actividade con caracter principal, e indicar os principais servizos realizados nos últimos tres anos. De se tratar de persoas xurídicas, o posuidor da titulación debera acreditar o seu vínculo coa entidade.
Contía máxima
Con caracter xeral a contía máxima subvencionable neste programa non pá superar os 40.000 euros por cooperativa. Se a beneficiaria é unha cooperativa de segundo grao ou algunha outra forma de colaboración económica, esta contía poderá ascender a áximo de 100.000 euros.