Finalidade
Este programa esta dirixido a apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación e modernización das empresas de economía social, mediante unha mellora da súa competitividade, facilitando así a súa consolidación, mediante subvencións financeiras e subvencións directas para financiamento e adquisición de inmobilizado e mediante axudas para a contratación de director/a ou xerente.
A subvención financeira e a subvención directa teñen por obxecto facilitar o financiamento dos investimentos realizados por cooperativas ou sociedades laborais en inmobilizado material ou inmaterial, que sexan necesarios para a súa posta en funcionamento ou ampliación así como para a incorporación de novas tecnoloxías da información e as comunicacións.
A contratación de director/a ou xerente orientase a mellorar a xestión empresarial cara a procurar a viabilidade da empresa e a boa fin do proxecto de investimento.
Beneficiarios/as
Poderán acolleás subvencións para a realización de investimentos previstos neste programa as cooperativas con socios e socias traballadores/as ou de traballo e as sociedades laborais. No caso das axudas para a contratación de director/a ou xerente, poderán resultar beneficiarias as cooperativas de traballo asociado e as sociedades laborais.
A solicitude debera formalizarse con anterioridade ao inicio da execución dos proxectos de investimento ou á contratación do persoal de dirección ou xerencia, segundo o caso.
A subvención financeira
Consistirá na redución de xuros de préstamos para financiar investimentos en inmobilizado material e inmaterial, concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo.
Esta subvención, pagadoira dunha soa vez, será, coáximo de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade de crédito que conceda éstamo, sen que en ningún caso, o tipo de xuro que deba satisfacer o beneficiario/a, despois de calculada a subsidiación, poida resultar inferior a un punto. A contía calcularase como se a subvención se devengase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible período de carencia.
A contribución do beneficiario/a ao financiamento dos investimentos deberá ser, como mínimo, do 25 por cento; sendo, en todo caso, o importe máximo desta subvención de 3.000 euros por socio ou socia traballador/a ou de traballo, integrante da cooperativa ou sociedade laboral cun posto de traballo que non se tivese en conta con anterioridade para a concesión de axudas para financiar investimentos.
A subvención directa para a adquisición
de inmobilizado material e inmaterial
Poderá concederse para a realización de investimentos que contribúan á creación, consolidación ou mellora da competitividade de cooperativas e sociedades laborais, cun importe máximo de ata o 50 por cento do custo de adquisición dos activos, excluídos impostos.
A contribución do beneficiario/a ao financiamento dos investimentos deberá ser, como mínimo, do 25 por cento; sendo, en todo caso, o importe máximo desta subvención de 3.000 euros por cada socio ou socia traballador/a ou de traballo integrante da cooperativa ou sociedade laboral cun posto de traballo que non fose tido en conta con anterioridade para a concesión de axudas para financiar investimentos. No suposto de que a adquisición dos activos se financie parcialmente mediante préstamos para os que se solicitou a subvención de xuros, a determinación da subvención directa realizarase a partir do importe non financiado polos ditos préstamos.
Normas comúns á subvención financeira e a subvención directa para adquisición de inmobilizado material e inmaterial
- Poderán ser obxecto de subvencións os investimentos en terreos, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, útiles, mobiliario, elementos de transporte e equipamentos para procesos de información, así como os activos inmateriais vinculados coas novas tecnoloxías da información e as comunicacións. O investimento obxecto de subvención deberá manterse durante un período mínimo de 5 anos, agás bens amortizables cun período inferior, neste caso deberá manterse polo menos polo dito período.
- Os investimentos realizaranse mediante a compra de activos novos. Non obstante, naqueles casos nos que os investimentos se realicen mediante a compra de equipamentos de segunda man, deberán cumprirse os requisitos seguintes:
- Vendedor ou vendedora do equipamento deberá facilitar unha declaración sobre a orixe do dito equipamento, confirmando que durante os últimos sete anos non se comprou con subvencións nacionais ou comunitarias.
- Acreditar, mediante un certificado expedido por un perito/a independente, que o prezo dos equipamentos non é superior ao valor de mercado nin ao custo dun equipamento novo similar, que reúnan as características técnicas requiridas para a operación e que cumpran as normas aplicables.
- A determinación dos gastos subvencionables axustarase ao disposto nesta orde e no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e o artigo 29 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000 euros no suposto do custo por execución de obra, ou de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipo, o/a beneficiario/a deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores/as, con carácter preá contracción do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse coa solicitude da subvención, realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
Axuda para a contratación de
directores/as ou xerentes
Poderanse subvencionar os gastos ocasionados pola contratación de directores/as ou xerentes que sexan necesarios para a viabilidade da empresa ou a boa fin do proxecto de investimento de que se trate. Dado o seu carácter excepcional para a súa concesión a sociedade deberá xustificar a súa necesidade e a dificultade da cooperativa de traballo asociado ou sociedade laboral para facer fronte ao custo correspondente cos seus propios recursos.
Esta contratación subvencionarase por un período máximo dun ano ata o 50% do custo total dela, sen que poida superar a contía de 20.000 euros por cooperativa de traballo asociado ou sociedade laboral. Deberase respectar o disposto para a contratación de persoal asalariado pola lexislación vixente de cooperativas e sociedades laborais e asumir a obriga de manter no cadro de persoal da entidade ao director/a ou xerente, como mínimo, polo tempo subvencionado.
Criterios de avaliación
A concesión e contía das axudas, que se realizará en réxime de concorrencia competitiva, estará en función dos seguintes criterios:
- Emprego xerado.
- Porcentaxe de mulleres no emprego xerado.
- Actividades desenvolvidas no marco dos novos viveiros de emprego definidos pola Unión Europea.
- Incorporación de novas tecnoloxías da información e as comunicacións.
- Desenvolvemento de proxectos de I+D+i.
- Incidencia na creación e mantemento do emprego no contorno xeográfico en que se desenvolva a actuación.
- Contribución á mellora do ambiente.
Estos criterios terán a mesma importancia, con independencia da orde en que figuran recollidos.