Fomento do emprego en empresas de economía social. Promoción do cooperativismo

Finalidade | Beneficiarios/as | Modalidades e contía das axudas | Criterios de avaliación
Finalidade | Beneficiarios/as | Subvención financeira | Subvención directa | Normas comúns | Contratación directores/as ou xerentes | Criterios de avaliación
Finalidade | Beneficiarios/as | Asesoramento e acompaņamento | Asistencia técnica e gastos | Axuda excepcional | Concertación de financiamento
Finalidade | Beneficiarios/as | Contía das axudas
Finalidade | Beneficiarios/as | Modalidades e contía das axudas | Criterios de avaliación
Finalidade | Beneficiarios/as | Modalidades e contía das axudas | Requisitos incorporación profesionais e prestación de servizos | Contía máxima
subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link

Cadro resume subvencións a empresas de economía social

Subvencións 2007

Este é un cadro resume que unicamente pretende dar unha visión global das axudas. Para coñecer a normativa reguladora e as condicións de obtención das axudas debe ampliarse a información nas ordes do 7 de marzo de 2007 (DOG nº 55 do 19.03.07 ) e de 19 demaio de 2006 (DOGN nº 102 de 30-05-06).

Programa e prazo:

Beneficiarios:

Finalidade:

Contía:

Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais
Prazo: 3 meses desde alta na Seguridade Social. Rematará o 15/09/2008
Cooperativas e sociedades laborais que incorporen como socios/as traballadores/as ou de traballo a persoas desempregadas pertencentes a determinados colectivos*.

* Os colectivos beneficiarios e demais condicións da subvención poden consultarse na Orde do 22 de maio de 2008 (DOG nº 103 do 29.05.08 ).

Fomentar a incorporación do persoal desempregado e traballadores/as con carácter temporal, como socios e socias traballadores/as ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido. Variable por cada persoa desempregada que se incorpore segundo colectivo de pertenza.
Desde 5.500€ ata 10.000€.
Mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais
Prazo: Rematará o 15/09/2008
As cooperativas con socios e socias traballadores/as ou de traballo e as sociedades laborais. A subvención financeira e a subvención directa, teñen por obxecto facilitar o financiamento dos investimentos realizados por cooperativas ou sociedades laborais en inmobiilizado material ou inmaterial, que sexan necesarios para a súa posta en funcionamento ou ampliación así como para a incorporación de novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Subvención financeira: Reducción de ata catro puntos do tipo de xuro sen que en ningún caso, o resultante poida ser inferior a un punto.
Subvención directa: ata o 50 % do custo de adquisición dos activos excluidos importos e importe financiado polos prestamos subvencionados.
Nos dous supostos a contribución do beneficiario/a deberá ser como mínimo do 25 % e o importe máximo da subvención de 3.000€ por cada socio/a.
As cooperativas de traballo asociado. Axuda para a contratación de directores/as ou xerentes (mellora da xestión empresarial, viabilidade da empresa e boa fin do proxecto de investimento). Esta contratación subvencionarase por un periodo máximo dun ano ata o 50 % do custo total da mesma, sen que poida superar a contía de 20.000€.
Impulso de proxectos empresariais cooperativos
Prazo: Rematará o 15/09/2008
Cooperativas de nova creación ou que acometan novos proxectos empresariais e que realicen as actividades obxecto da axuda desde o 16/09/2007 ata o 15/09/2008 así como as persoas e entidades que presten servizos de asesoramento e acompañamento destes proxectos. Realización de actividades previas ao inicio da ctividade, tales como orientación e acompañamento do proxecto e accións formativas e informativas dos promotores, elaboración do plan empresarial e o seu seguimento e asesoramento na execución. Ata 15.000€, con límites en función do número de promotores e de horas dedicadas ás actividades.
Cooperativas de nova creación ou que acometan novos proxectos empresariais. Elaboración de estudios, estatutos sociais e trámites de constitución. Ata o 75 % dos custos cun máximo de 2.000€ por proxecto.
Axudas para acceso ao financiamento a través de sociedades de garantía recíproca. Ata o 75 % dos custos derivados da concertación cun máximo de 6.000€ por proxecto.
Cooperativas de traballo asociado ou que asocien traballadores/as de nova creación. Axuda excepcional para o lanzamento de actividade que se concederá por unha soa vez. Ata o 50 % dos gastos necesarios para o inicio da actividade, cun máximo de ata 3.000€ por promotor.
Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.
Prazo: Rematará o 15/09/2008
Persoas desempregadas e asalariados/as das cooperativas, que accedan á condición de socio/a traballador/a. Axudas para o acceso á condición de socios/as traballadores/as de cooperativas, destinadas a financiar, parcialmente a achega ao capital social. Ata 4.000€ sen que en ningún caso poida ser superior á contía que corresponda subscribir en concepto de achega de capital social e cota de ingreso, pola incorporación como socio ou socia traballador/a.
Actividades de promoción do cooperativismo e adaptación ás tecnoloxías da información e as comunicacións.
Prazo: Rematará aos 40 días hábiles dende o seguinte ao da publicación no DOG
Sociedades cooperativas, legalmente constituidase inscritas nos rexistros de cooperativas dependentes da Xunta de Galicia que realicen as actividades desde o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro do ano 2008. Apoiar o desenvolvemento de actividades para o fomento do cooperativismo, entre outras: Organización de cursos, xornadas, conferencias e simposios. Elaboración, publicación e difusión de estudos, informes, traballos de investigación, manuais e folletos divulgativos. Elaboración de proxectos de intercooperación e integración. Presenza da cooperativa en feiras, mostras e congresos. Participación en cursos de formación para a mellora da dirección e xestión cooperativa. Realización de actuacións de promoción do emprendemento cooperativo. A contía das axudas non poderá superar o 75 % dos gastos, ata un máximo de 30.000€.
Outros límites específicos: Actividades divulgativas ou formativas: -Menos de 10 horas ata 2.000€.
-Máis de 10 horas ata 3.000€. Asistencia a feiras e mostras ata 5.000€.
Apoiar a incorporación das cooperativas ás tecnoloxías da información e as comunicacións. Ata o 75 % dos gastos, máximo de 10.000€.
LÍMITES: Web e incorporación a redes, ata 3.000€;
Xestión empresarial e societaria, así como comercio
electrónico, ata 10.000€
Apoio ás cooperativas que prestan servizos sociais e de integración social
Prazo: Rematará o 15/09/2008
Cooperativas que presten servizos de natureza sociall que realicen as actividades obxecto deste programa durante o ano 2008. Axudas que faciliten o desenvolvemento e mellora da prestación de servizos de natureza social baixo a fórmula cooperativa en Galicia.

Ata o 75 % dos gastos ocasionados con motivo de: Incorporación de psicólogos/as e outros profesionais necesarios ata 18.000€ por cooperativa. Adquisición de medios materiais necesarios ata 30.000€ por cooperativa. Programas novidosos, servizos adicionais, sistemas de xestión da calidade, actividades formativas, ata un máximo de 10.000€.Contía máxima neste programa: 40.000€ por cooperativa e 100.000€ para cooperativas de 2º grao ou outra forma de colaboración.

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA

Aboamento de cotas da seguridade social
Prazo: 6 meses desde o derradeiro día do primeiro mes no que teña dereito. Rematará o 15/09/08*.

* Ver condicións particulares para último trimestre do ano. (Orde do 15 de xuño de 2007 (DOG nº 121 do 25.06.07).

Perceptores da prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único. Axuda consistente no aboamento de cotas á Seguridade Social durante o período polo que se perciba a prestación de desemprego. 100% da achega correspondente ao traballador, nos casos de alta no réxime xeral da seguridade social. 50% da cota sobre base mínima de cotización no caso de alta en Autónomos.

volver

Xunta de Galicia | Consellería de Traballo | Consello Galego de Cooperativas|