Os traballadores/as no seu posto de traballo están expostos/as a accidentes laborais ou enfermidades profesionais.
É certo que parte dos traballos en xeral son seguros. Con todo, é difícil concibir algún tipo de actividade profesional, que estea totalmente libre sen algún tipo de risco para a saúde, aínda que exista unha posibilidade mínima de que este risco poida aparecer. Sen dúbida, algúns traballos comportan un risco maior para a saúde dos traballadores que outros. Do mesmo xeito, nalgunhas ocupacións, o risco parece máis claro e evidente que noutras. Identificar os riscos laborais, xa sexan evidentes ou non, e adoptar as medidas adecuadas para eliminar os riscos son as tarefas nas que se centra a prevención de riscos laborais.
O curso de “Prevención de Riscos Laborais. Nivel Básico” está organizado pola Conselleria deTraballo a traves do Centro de Seguridade e Saúde Laboral da Coruña en coloboracion co Consello Galego de Cooperativas.
O curso habilita ao alumno/a para desempeñar as funcións de nivel bàsico en prevención de riscos laborais indicadas no Real Decreto 39 / 1997 e en caso de empresas de menos de 6 traballadores asumir as funcións preventivas
A formación en sistema modular dá maior protagonismo ao alumno/a xa que decide o tempo e o lugar para formarse minimizando, deste xeito, as barreiras de acceso á formación dos traballadores/as.
A formación que se presenta, caracterizarase por ser flexible, personalizada e interactiva.
Cada alumno/a individualiza a súa aprendizaxe marcando un ritmo adecuado ás súas necesidades, permite poder formarse desde calquera lugar, sen limitacións xeográficas e sen restriccións horarias, adaptando o horario de formación á súa disponibilidade |