É
ben coñecido o auxe que as tecnoloxías da información
experimentaron nos últimos anos, así como a grande difusión
atinxida pola rede Internet e as facilidades que brinda esta para a implementación
de servizos avanzados.
Esta
realidade non é allea ás cooperativas galegas nas que as
Novas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
xeran posibilidades de Implantación de Técnicas de Mellora
Continua, que permitan a ampliación de servizos ofrecidos aos
seus cooperativistas así como de obter novas vantaxes competitivas.
Debido
ás peculiaridades das cooperativas de Galicia encanto ao súa estrutura
social, fai que sexa necesario consolidar vías de encontro entre os cooperativistas
de modo que faise necesaria a creación dun referente en Internet, a
modo de Portal Cooperativo que ofreza servizos innovadores, que incorporen un
alto valor engadido e que impulse a utilización de Internet nas empresas
cooperativas, así como a usuarios, principalmente do entorno rural,
que desexen obter información sobre as diversas cooperativas ou temas
referentes a elas.
¿CAL É A FINALIDADE
DO PORTAL COOPERATIVAS DE GALICIA?
Para
todo iso, o Proxecto
Espadelada financiado por Equal Fondo Social Europeo, desenvolve a plataforma
telemática de información e de servizos www.cooperativasdegalicia.com,
que permite impulsar a utilización das Novas Tecnoloxías da Información
e as Comunicacións nas actividades cotians das empresas do sector
cooperativo, ser o nexo de unión e punto común de encontro entre
as cooperativas, asociacións e administracións públicas
así como ofrecer presenza permanente para usuarios que desexen coñecer
o entramado de cooperativas galegas de maneira que se consigan os seguintes
obxectivos:
Proporcionar información
xeral e particular sobre o cooperativismo: noticias, axenda cooperativa,
recensión, etc.
Fomentar e sensibilizar
o uso de NT nas actividades profesionais das Cooperativas
Fomentar redes de
intercambio de experiencias e mellores prácticas
Proporcionar servizos
específicos: orientación ao emprego e autoemprego, asistencia
para a posta en marcha de novos proxectos cooperativos, asistencia
para a implantación de planos e programas de fomento, etc.
Achegar ás Administracións
Públicas, mediante a automatización de intercambios entre
cooperativas e Administración: información e documentación
de Administracións públicas, normativas e acordos do
Consello Galego de Cooperativas, información rexistral, información
para o cumprimento de trámites, etc.
Actuar como enlace con universidades,
centros tecnolóxicos, asociacións e outras entidades
de carácter público e privado.
Servir de punto de
encontro das realidades empresariais e sociais das Cooperativas
Introducir as NTI
no entorno familiar cooperativo
Servir de centro de
enlace dos Axentes de Desenvolvemento Cooperativo
Servir de Ferramenta
á Unidade de Apoio á xestión do intercambio
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballo - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE