Próximas xornadas sobre a Lei 14/2011 de cooperativas de Galicia na Rede Eusumo
22/05/2012
En Naron:
• Data: 24 de maio, 16:00 H-20: 00 H
• Lugar: Centro da Rede Esumo na Fundación Terra de Trasancos-Cooperativa do Val -Naron.
En Vigo:
• Data: 30 de maio, 16:00 H-20: 00 H
• Lugar: Centro da Rede Esumo na Camara de Comercio de Vigo
Obxetivo:
Explicar, e asesorar ás cooperativas de Galicia cara o cumprimento normativo e o pleno aproveitamento das potencialidades que a Lei 14/2011 de cooperativas de Galicia posibilita para unha mellor adecuación do funcionamento das cooperativas en relación cos seus aspectos sociais, económicos e organizativos. Abordarase especialmente as consecuencias de índole práctico dos cambios producidos, avaliando a necesidade ou conveniencia de adaptar os estatutos sociais nos distintos supostos. Deixarase espazo para o coloquio que permita analizar as distintas casuísticas que teñan un alcance e interese de carácter xeral para os asistentes.
Programa:
16:00 h Recepción de asistentes e entrega de documentación
16.15 h Inauguración e benvida da Consellería de Traballo e Benestar.
16.30 h Aspectos xerais da Lei 14/2011.
D. Manuel Pérez Losada. Encargado do Rexistro Central de Cooperativas da Consellería de Traballo e Benestar
17:15 h Aspectos societarios da Lei 14/2011.
D. Miguel María Saenz de Viteri. Letrado Experto en Cooperativismo
18:00 h Coloquio: preguntas, aclaracións,...
18:30 h Descanso para café.
19.00 h Modificacións do réxime económico da Lei 14/2011.
Dona Begoña Ordóñez Castro. Auditora de Contas e experta en contabilidade de cooperativas.
19.45 h Coloquio: preguntas aclaracións,...
20:00 h Clausura da Xornada.
Pregase confirmación de asistencia aos organizadores: AGACA, mediante chamada telefónica ao número 981.58.49.11, ou remitindo un correo a montse@agaca.coop comunicando o número de asistentes.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE