inicio


Castelán Galego
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Formación
 Bolsa Cooperativa
 Servizos

USUARIO
 

CLAVE


Rexístrese



Foros Cooperativos



Mapa de cooperativas



O Tempo



CONVOCADO O CERTAME "COOPERATIVISMO NO ENSINO 2010"


 
 
Envíe a un Amigo
10/03/2010
O Consello Galego de Cooperativas convoca o certame “cooperativismo no ensino” co fin de promover o desenvolvemento de actividades de fomento e divulgación do cooperativismo nos centros educativos da Comunidade.

O certame estrutúrase en dúas fases: actividades de fomento do cooperativismo nos centros escolares e presentación dos traballos dos alumnos ao concurso.

Primeira Fase:
Os centros que desexen participar no certame deberán desenvolver no seu centro educativo actividades de fomento e divulgación do cooperativismo, tales como xornadas sobre o cooperativismo, xogos cooperativos, visitas a cooperativas ou calquera outra actividade que divulgue a fórmula empresarial cooperativa entre o alumnado do centro educativo.

Tendo en conta que o cooperativismo é recoñecido como a expresión práctica de importantes valores sociais e que a súa aplicación fomenta actitudes e valores sociais como a solidariedade, o espírito democrático, a participación, a actuación colectiva e a solución de conflitos de forma pactada; as actividades que se realicen deberán potenciar e propiciar estes valores.

Para o desenvolvemento das actividades os centros poderán dispoñer de materiais de apoio na web www.cooperativasdegalicia.com, e poderá contar cunha compensación económica para os gastos derivados da realización das actividades de fomento e divulgación do cooperativismo e da elaboración dos traballos ou memorias, ata un máximo de 2.000 euros, nos termos establecidos nas bases da convocatoria.

Segunda Fase:

Os centros que realizasen actividades de fomento e divulgación do cooperativismo poden presentarse a este concurso os traballos realizados polos seus alumnos, atendendo á seguinte clasificación:

1.- Certame Cooperativismo no ensino dirixido aos centros educativos de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria.

Poden participar neste certame todos os centros educativos da nosa comunidade autónoma con alumnado en educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria segundo as seguintes modalidades:

a) Modalidade de debuxo, pintura, fotografía e/ou video.

Os centros de infantil e primaria que realizasen actividades de fomento e divulgación do cooperativismo poderán presentar a este concurso os traballos de debuxo, pintura, fotografia e/ou video realizados polo seu alumnado, segundo as seguintes categorías:

- A: alumnos/as de 2º ciclo de educación infantil.
- B: alumnos/as de 1ºe 2º de educación primaria.
- C: alumnos/as de 3º e 4º de educación primaria.
- D: alumnos/as de 5º e 6º de educación primaria

Na modalidade de debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo, esixiranse as seguintes condicións técnicas:

-Os traballos de debuxo e pintura presentaranse en formato e soporte libre, empregando as técnicas que o alumnado decida.
-Os traballos de fotografía presentaranse en formato dixital, arquivos JPG, RAW ou TIFF, en alta resolución para a súa posible publicación, de 2.000 píxeles como mínimo no seu lado máis reducido. A resolución recomendada é de 300 ppp.
Enviaranse copias en papel, xunto co arquivo en soporte CD.
-No caso de vídeos as producións presentaranse nun DVD estándar, reproducible en calquera reproductor convencional de DVD, podendo conter menú de inicio. O formato será MPEG2 PAL, configurado como zona 2 ou como zona libre. As locucións e grafismos deberán utilizar o galego. A súa duración non poderá exceder de 10 minutos. O DVD non poderá conter máis dun programa.
-Os traballos deberán estar identificados cos datos dos autores: nome, apelidos, idade, curso, enderezo do centro escolar e a categoría na que participan, título, así como ficha técnica de ser o caso.

Os autores e autoras do mellor traballo de cada categoría recibirán materiais de debuxo, pintura, audiovisual ou informático valorado en 2.700 euros. Haberá un accésit por cada categoría premiado con material de debuxo, pintura, audiovisual ou informático valorado en 1.700 euros.

b) Modalidade de Actividades Cooperativizadas dirixida ao alumnado de primeiro e segundo ciclo de educación secundaria obrigatoria.

Os centros de secundaria obrigatoria que realizasen actividades de fomento e divulgación do cooperativismo poderán presentar as memorias dos traballos realizados cooperativamente por grupos de alumnos/as, tales como: unha viaxe de ampliación de estudos, un festival de fin de curso, un campionato deportivo, un xornal, unha páxina web, un programa de radio ou unha obra de teatro, segundo as seguintes categorías:

- E: alumnos/as do primeiro ciclo da E.S.O.
- F: alumnos/as do segundo ciclo da E.S.O.

A memoria describirá o proceso de elaboración e realización da actividade de xeito que indique:

-Definición dos obxectivos. Cómpre aclarar as metas que se pretenden acadar, que beneficios de tipo cooperativo vai reportar a actividade, así como poñerlle un título ao traballo que resuma as súas intencións.
-Asignación de tarefas. Débese dividir o traballo en partes e decidir que persoa ou persoas se encargan de cada unha delas. Para isto é importante ter en conta os intereses de cadaquén, as súas posibilidades, coñecementos, preferencias, etc.
-Tarefas desenvolvidas. Especificar que tipo de materiais se precisan para levar a cabo a actividade, e cales deles se utilizan. Estes poden ser de tipo documental, gráficos, sonoros, económicos, etc. Tamén é necesario precisar a maneira de obtelos.
-Dinámica das reunións. Para que o traballo estea coordenado hai que celebrar reunións periódicas para poñer en común o realizado, así como para establecer cales son as seguintes tarefas, os prazos, os/as encargados/as de realizalas, e calquera decisión sobre a marcha do proxecto. Para este fin débense levantar actas das reunións nas que se deixe constancia de todo isto.
-Realización final. O traballo debe plasmarse finalmente nun produto dos establecidos para esta modalidade.

Esta memoria terá unha extensión máxima de 6 follas DIN A4 escritas por unha soa cara editadas en Times New Roman cun corpo de 12 puntos e unhas marxes de 15mm en cadanseu borde. Tendo que entregarse dúas copias en papel e o seu soporte en sistema informático. Deberanse engadir, como anexos: o resultado final e os documentos precisos para xustificar a realización do proxecto, nas súas diferentes etapas, tales como: fotografías da realización, documentos, materiais realizados e actas das reunións, debidamente identificados co nome do centro e o título do proxecto.

Os autores e autoras do mellor traballo de cada categoría recibirán material audiovisual ou informático, valorado en 2.700 euros.

Todos os premios serán outorgados polo xurado e procederase a súa entrega no transcurso do acto público que se celebrara con motivo do día do cooperativismo. O xurado valorará nos traballos presentados a orixinalidade e a representación dos valores e actitudes que fomenta o cooperativismo. Particularmente, para a modalidade de actividades cooperativizadas terase en conta o número de persoas participantes, a orixinalidade do tema elixido, a organización do grupo para a realización do traballo de maneira cooperativa e a calidade final do produto elaborado.

Os traballos dos/as alumnos/as, debidamente identificados, deberán entregarse na Secretaría do Consello Galego de Cooperativas antes do 31 de maio de 2010.

2.- Certame Cooperativismo no ensino dirixido aos centros de formación profesional.

Poden participar no certame todos os centros educativos de Galicia que impartan Formación Profesional específica.

Os alumnos dos centros educativos de Galicia que impartan formación profesional específica poderán presentar un ou varios proxectos empresariais cooperativos a este concurso.

En cada proxecto deberán participar como mínimo tres alumnos/as, que deberán estar dirixidos na elaboración deste proxecto por un profesor/a–director/a.

Os proxectos deberán estar redactados en galego e presentaranse en formato papel e formato electrónico que permita a súa posterior publicación, acompañados dunha ficha resumo segundo o modelo que pode obterse na web www.cooperativasdegalicia.com.

O mellor proxecto presentado será premiado con 6.000 euros para os autores e autoras, (dos cales 3.000 euros entregaranse tras a resolución do xurado, e 3.000 euros entregaranse tras a presentación dunha memoria das xestións realizadas para a posta en marcha do proxecto) e cunha viaxe para visitar experiencias cooperativas, por valor máximo de 1.500 euros, para o profesor/a-director/a do proxecto.

Haberá tamén dous accésit para os proxectos finalistas cunha dotación de 2.000 euros para o alumnado autor dos traballos e 500 euros en cheques para libros para os/as profesor/as-director/as dos proxectos.

Todos os premios serán outorgados polo xurado e procederase a súa entrega no transcurso do acto público que se celebrara con motivo do día do cooperativismo.O xurado avaliará a coherencia, orixinalidade e viabilidade económica dos proxectos empresariais cooperativos, así como a súa relación co contorno onde se desenvolven.

Os proxectos empresariais cooperativos, xunto coa ficha resumo e co currículos do grupo, deberán entregarse na Secretaría do Consello Galego de Cooperativas (Edificio Administrativo de San Lázaro – Santiago de Compostela).

O prazo de presentación dos proxectos finaliza o día 31 de maio de 2010.

As bases da convocaria están publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 45, do 8 de marzo de 2010. Non obstante é necesario precisar que o prazo que aparece indicado no Anexo I das bases, parágrafo quinto (os centros que desexen obter a reserva orzamentaria para as súas actividades poderán solicitar a validación do seu programa e orzamento, antes do 28 de febreiro de 2010) debe sustituirse polo seguinte: os centros que desexen obter a reserva orzamentaria para as súas actividades poderán solicitar a validación do seu programa e orzamento, no prazo de 30 dias a contar dende a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de 30 dias contarase a partir do día 18 de marzo, data de publicación da corrección de erros no D.O.G .

Máis información no Consello Galego de Cooperativas, tfno.: 881.999.268



  Máis Novas Relacionadas
 · PUBLICADAS AS FOTOS E VIDEOS DO DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO 2010
 · CONVOCADAS AXUDAS PARA O ABOAMENTO DE COTAS Á SEGURIDADE SOCIAL
 · CONVOCADAS AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL E DE PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO
 · CONCESIÓN DOS PREMIOS DO CERTAME COOPERATIVISMO NO ENSINO DIRIXIDO AOS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA
 · CONVOCADAS AXUDAS PARA O FOMENTO DE ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS
  Biblioteca Relacionada
 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Novas de prensa

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Estatísticas
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría
Foro

Formación

Cursos presenciais

Teleformación cooperativa
Aula virtual

Bolsa Cooperativa

Bolsa de emprego

Bolsa de socios
Área de emprendedores

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Ideas Cooperativas en Acción
Día do Cooperativismo Galego 2007
Día do Cooperativismo Galego 2008
Día do Cooperativismo Galego 2009
Día do Cooperativismo Galego 2010
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación

Proxectos Europeos
Nexus Rede
Proxecto DESQOOP


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE