01/01/2010
UGACOTA ven de recibir a resolución, por parte da dirección xeral de Formación e Colocación, da aprobación do plan de formación presentado para a formación de cooperativistas no ano 2010. A programación contempla a realización de 9 accións formativas, nas modalidades de distancia e teleformación, cun total de 1772 horas de formación e 163 prazas dispoñibles. Os cursos poranse en marcha, nunha primeira tanda, no mes de xaneiro, e nunha segunda no mes de abril. Os e as cooperativistas interesadas en participar nesta programación formativa pódense dirixir aos teléfonos: 881 887 456 – 697 877 773 ou ao correo electrónico: patane@ugacota.org para recibir mais información e solicitar a súa preinscripción aos cursos.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE