inicio


Castelán Galego
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Formación
 Bolsa Cooperativa
 Servizos

USUARIO
 

CLAVE


Rexístrese



Foros Cooperativos



Mapa de cooperativas



O Tempo



CONVOCADAS AS SUBVENCIÓNS PARA FOMENTO DE EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL E PARA A PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO.


 
 
Envíe a un Amigo
29/05/2008
O Diario Oficial de Galicia publica a Orde do 22 de maio de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento de emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativisimo e se procede a súa convocatoria para o ano 2008.

Por medio da Orde convocanse axudas e subvencións a través dos seguintes programas:

• Programa I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais
• Programa II: Mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais
• Programa III: Impulso de proxectos empresariais cooperativos
• Programa IV: Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.
• Programa V: Actividades de promoción do cooperativismo e adaptación ás tecnoloxías da información e as comunicacións.
• Programa VI: Apoio ás cooperativas que prestan servizos sociais e de integración social


O programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, establece un conxunto de axudas orientadas a facilitar a incorporación das persoas desempregadas, como socios e socias traballadores/as ou de traballo nas cooperativas ou sociedades laborais galegas, ao considerar as distintas fórmulas de autoemprego colectivo como medidas eficaces para a xeración de emprego, mobilización de recursos, corrección de desequilibrios comarcais e fixación de man de obra produtiva, establecendo vínculos de interese mutuo entre a poboación e o seu propio territorio.

O segundo dos programas, pretende mediante incentivos para o financiamento dos investimentos en inmobilizado material e inmaterial, aumentar a competitividade destas empresas co obxecto último de manter o seu emprego.

Os programas de promoción do cooperativismo establecen axudas para o impulso de proxectos empresariais cooperativos, incluso na fase previa a súa constitución formal, foméntase especificamente, o acceso á condición de socios e socias traballadores/as para incentivar a plena integración na empresa cooperativa e establécense axudas para a realización de actividades de promoción do cooperativismo.

Compre subliñar como novidades significativas desta Orde para o ano 2008, a introdución dun programa especifico de apoio ás cooperativas que prestan servizos sociais e de integración social, así como a potenciación dos procesos de asesoramento e acompañamento das novas iniciativas de proxectos empresariais cooperativos, e do seu acceso aos fondos de garantía.

Pode acceder ao DOG premendo en "descargar documento"


Descargar documento.



  Máis Novas Relacionadas
 · 2ª SESIÓN DO ENCONTRO XERENCIAL SOBRE ESTRATEXIAS DAS COOPERATIVAS PARA ACCEDER A CONTRATOS PÚBLICOS.
 · Contrato Programa Autonómico 2009-2010 - UGACOTA
 · Plan de formación continua de COCETA 2009
 · Encontro xerencial: contratación pública e cooperativismo
 · Consello Reitor de Coop57
  Biblioteca Relacionada
 · Manual de Boas Prácticas para a Conciliación da Vida
 · Consellería do Medio Rural
 · O COOPERATIVISMO NO MAR
 · CONVOCATORIA DE PREMIOS Á COOPERACIÓN 2009
 · CONCURSO DE PROXECTOS EXPERIMENTAIS 2009
 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Novas de prensa

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Estatísticas
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría
Foro

Formación

Cursos presenciais

Teleformación cooperativa
Aula virtual

Bolsa Cooperativa

Bolsa de emprego

Bolsa de socios
Área de emprendedores

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Ideas Cooperativas en Acción
Día do Cooperativismo Galego 2007
Día do Cooperativismo Galego 2008
Día do Cooperativismo Galego 2009
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación

Proxectos Europeos
Nexus Rede
Proxecto DESQOOP


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE