“Nexus
Rede. Retos e Desafíos para a adaptabilidade das cooperativas e o
fomento da igualdade de oportunidades en sectores estratéxicos da
economía galega” constitúe un programa de intervención plurianual, cuxa
execución remata en 2007. O proxecto agrupa a asociacións representativas da economía social galega , administración autonómica competente e universidade, co propósito común de promover respostas anovadoras para a adaptabilidade da economía social o seu entorno económico. Con este propósito, NEXUS REDE, propónse incorporar as Tecnoloxías da Información , como ferramientas fundamentais de traballo. Así mesmo, incorpórase o enfoque da Igualdade de Oportunidades, como
método para combatir situacións de discriminación e de risco de
exclusión de colectivos de traballadores en situación de desigualdade
ou desventaxa no mercado laboral. As solucións deseñadas por NEXUS REDE
serán de aplicación entre empresas e persoas traballadoras, do ámbito
do cooperativismo e da economía social, en sectores estratéxicos da
economía galega. A actividade programada orientase según o seguinte obxectivo xeral: Mellorar e potenciar a adaptabilidade das sociedades cooperativas galegas e das persoas socias e traballadoras que as integran, ós cambios económicos estructurais. Como obxectivos operativos están: - O.1. Fomentar a inter-cooperación empresarial.
- O.2. Diversificar a actividade empresarial.
- O.3. Mellorar o coñecemento de recursos financieros para a economía social.
- O.4. Promover a cultura empresarial e de xestión.
- O.5.Fomentar a participación femenina en funcións xerenciais.
Estructura do Programa de Traballo Nacional, eixos de actuación e Medidas de Acción. - Adaptabilidade empresarial.
- M.A.1.Adaptabilidade e consolidación organizativa.
- M.A.2. Diversificación e dimensionamento cooperativo.
- M.A.3. Xestión e planificación financeira.
- M.A.6. Modelo referencial de Calidade Cooperativa.
- Adaptabilidade de persoas traballadoras.
- M.A.4. Teleformación cooperativa.
- M.A.5. Escola cooperativa móbil.
- Actividade transversal.
- Coordinación,información e divulgación, seguimento e avaluación interna de resultados.
- Plan Igualdade de Oportunidades, P.I.O.
|