Agrupación de Desenvolvemento
Organizacións
 

No proxecto NEXUS REDE participan sete organizacións procedentes da Administración pública e de asociacións sen ánimo de lucro do sector:

AGACA. Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.
agaca@agaca.coop  http://www.agaca.coop

Entidade sen ánimo de lucro, non gubernamental constituida en 1998. Actualmente asocia 112 cooperativas agrarias das 4 provincias gallegas e os seus servicios extendense a un total de 150 cooperativas. AGACA ten como obxectivos sociais: a representación das súas cooperativas ante os organismos competentes; a promoción e fomento do cooperativismo agrario en Galicia; potenciación da inter-cooperación empresarial; resolución de conflictos; formación e capacitación de socios cooperativistas e as persoas traballadoras.

Xunta de Galicia. Consellería de Traballo.
http://traballo.xunta.es/

Organismo da administración pública autonómica, con competencias para a promoción, coordinación, desenvolvemento, control e execución das medidas relativas ás cooperativas y empresas de economía social e da modulación das relacións cos axentes sociais.

Xunta de Galicia. Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
http://www.xunta.es/conselle/pe/

Organismo da administración pública autonómica, con competencias en materia de ordenación pesqueira en augas interiores, marisqueo, acuicultura, cofradías de pescadores e cooperación pesquera.

Universidade de Santiago de Compostela.
http://www.usc.es

O Plan Estratégico da USC a define como unha universidade completa e emprendedora para dar resposta a demandas da sociedade con servicios de calidade. Conta con dous campus (Santiago e Lugo), cerca de 30 centros, casi 80 departamentos e máis de 70 titulacións, ademáis de numerosas instalacións (institutos de investigación, residencias universitarias, instalacións deportivas e culturais, bibliotecas, etc.)

SINERXIA. Federación de Empresas Cooperativas.
http://www.sinerxia.org/

Entidade sen ánimo de lucro. Ten categoría de Federación de Cooperativas, de acordo co establecido na Ley 5/98 de Cooperativas de Galicia para o asociacionismo cooperativo galego. A función social estratéxica de SINERXIA centrase en representar os intereses dos seus membros socios; asocia de xeito directo a dúas Unións de Cooperativas (UCETAG- ensino e EIXO – traballo asociado) e catro cooperativas a título individual dos sectores de consumo, vivenda e mar. Esto supón un total de 42 cooperativas asociadas.

UGACOTA. Unión de Cooperativas de Traballo Asociado.
http://www.ugacota.org/

Entidade sen ánimo de lucro formada por cooperativas de traballo asociado, creada ca finalidade de atender as necesidades das empresas asociadas e representar o movemento cooperativo e de promover os valores propios da cultura solidaria que inspira os principios cooperativos.

Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao.
http://www.redeirasdegalicia.org
 

Ca denominación de “Asociación de Redeiras Virxe do Carme” constitúese unha organización de conformidade ca Ley 19/1977, reguladora do dereito da asociación sindical. O acta fundacional da Asociación foi asinada o 14 de mayo de 2003 por máis de 44 promotoras, todas elas mulleres e redeiras profesionais.