Ir á axuda
 
Cómo empregar esta publicación
 
Material de utilidade
 
Documentos de interese
 
Mapa de contidos da publicación
PDF da publicación de Ideas Cooperativas
Plan de empresa resultado final
Guía de Trámites de constitución
Listaxe de recursos
 
Ir ó páxina principal Capítulos do contido Anexos do documento Conclusións Autores do documento




Antes de introducir un novo servizo no mercado, as nosas  protagonistas saben que deben definir as súas características e indica-las posibles razóns polas que se demandará. As nosas emprendedoras, recoñecen que no mercado xa se atopan servizos da competencia que sustitúen ó propio e iso lévalles a pensar nas posibles vantaxes que pode supor a incorporación do seu proxecto para os usuarios.

seguir o contido desta historia





As nosas emprendedoras xa teñen determinado as responsabilidades que cada unha debe acometer. Carmen, será a encargada de buscar bases documentais xa disponibles. Para elo, consultará a prensa especializada (económica) e visita varios centros que poden dispor de datos tanto cualitativos como cuantitativos.

seguir o contido desta historia



As nosas protagonistas puxeron a información en común e agora pretenden centrarse no estudio concreto do seu contorno. Para iso separaron toda a información relevante e susceptible de investigación e teñen establecido a programación e periodificación do traballo a desenvolver.

seguir o contido desta historia



Unha vez levados a cabo os distintos traballos que se tiñan repartido comezan a posta en común. Ana pola súa banda encargárase de levar a cabo un estudio polo miúdo sobre o mercado e presentar ó resto das dúas compañeiras os seus resultados.

seguir o contido desta historia



Pilar foi a encargada de analiza-lo servizo que a empresa vai comercializar. Para desenvolver este traballo tivo en conta todos aqueles aspectos técnicos, económicos e comerciais que caracterizan a oferta que pretenden poñer no mercado.

seguir o contido desta historia



Os competidores das nosas emprendedoras, foron analizados por Carmen. Para levar a cabo dita tarefa visitou algunhas das garderías e escola infantís, solicitando información sobre servizos, prezos,…Ademais, mantivo conversas con usuarios para contrastar opinións e establecer o seu grao de satisfacción.

seguir o contido desta historia



Todo Plan de Marketing conta cun apartado de previsións que ten como obxectivo o establecemento da cifra de vendas que se espera conseguir. Así as nosas amigas deben tratar de aproximarse ó máis posible a “cifra real” esperada de vendas.

seguir o contido desta historia



Agora, as nosas protagonistas se encontran en disposición de establecer de xeito máis concreto o risco económico que deberán soportar. Xa teñen descrito o escenario (mercado), do mesmo xeito que os actores que interveñen no mesmo (clientes – competidores). É tempo de ir botando contas.

seguir o contido desta historia



Ó longo dunha serie de etapas, Pilar, Ana e Carmen, teñen ido recopilando distinta información, tanto cualitativa como cuantitativa que debe servirlles para ofrecer unha visión o suficientemente clara como para poder deseñar as súas opcións estratéxicas. Un dos primeiros procesos estratéxicos que as nosas emprendedoras deben afrontar é o de determinar o prezo de venda.

seguir o contido desta historia



As nosas intrépidas emprendedoras dispóñense ahora a elaborar un cóctel no que van a combinar por un lado os clientes potenciais ós que se vai vende-lo servizo e polo outro a estratexia para dalo a coñecer e despertar o interese do público obxectivo.

seguir o contido desta historia



¿Cómo dar a coñecer o noso negocio? Esta é a pregunta que preocupa as nosas futuras cooperativistas. Elas foron seguindo unha serie de procesos para conxugar as diferentes liñas de acción a poñer en marcha e esta é unha das máis importantes xa que con ela vaise tratar de achegar o noso servizo ó consumidor.

seguir o contido desta historia

 
 
Ideas Cooperativas en Acción © www.cooperativasdegalicia.com