Ir á axuda
 
Cómo empregar esta publicación
 
Material de utilidade
 
Documentos de interese
 
Mapa de contidos da publicación
PDF da publicación de Ideas Cooperativas
Plan de empresa resultado final
Guía de Trámites de constitución
Listaxe de recursos
 
Ir ó páxina principal Capítulos do contido Anexos do documento Conclusións Autores do documento



voltar á paxina principal do capítulo


¿Cómo dar a coñecer o noso negocio? Esta é a pregunta que preocupa as nosas futuras cooperativistas. Elas foron seguindo unha serie de procesos para conxugar as diferentes liñas de acción a poñer en marcha e esta é unha das máis importantes xa que con ela vaise tratar de achegar o noso servizo ó consumidor.




Pilar - Pilar:”¿qué medio de publicidade deberemos empregar para dar a coñecer o noso servizo: buzoneo, por correo, anuncións na prensa?
Carme - Carmen:“sinto non estar dacordo contigo, considero máis efectivo facer un mailing (envío por correo) que usar a televisión. Ademais, o custo pode ser bastante máis elevado co que ti propós”.
Ana - Ana:”tal vez o máis efectivo pode se-la televisión local. Hai que ter en conta que cada día os cidadáns se interesan máis polo que ocorre no seu contorno”.


Achegar o servizo ó consumidor require saber chamar a súa atención. Para elo, adoitamos empregar a publicidade, pero ¿qué tipo de campaña deberemos levar a cabo?

Sempre teremos que considerar sobre que eixo vamos a centrar a nosa actuación:

Sobre o producto ou servizo: nese caso teremos que respostar:
¿cómo imos estimula-la demanda?
¿cómo imos contrarresta-la competencia?                                                                         
Sobre a empresa: aquí debemos concretar:
¿cómo imos crear unha imaxe?
¿cómo nos imos diferenciar dos nosos competidores?                                                                                                 
Sobre as actividades que realizamos na empresa para favorece-la venda do servizo (Merchandaising).

O obxectivo da publicidade, é neste caso, dar a coñecer o servizo dunha empresa de recente creación e para elo hai que concretar:

  • ¿Cales van ser as líñas xerais de argumentación?
  • ¿Qué vai inspirar o contido do anuncio? 
  • ¿Qué obxectivos se pretenden conseguir con esta mensaxe?
 
 
Ideas Cooperativas en Acción © www.cooperativasdegalicia.com