Ir á axuda
 
Cómo empregar esta publicación
 
Material de utilidade
 
Documentos de interese
 
Mapa de contidos da publicación
PDF da publicación de Ideas Cooperativas
Plan de empresa resultado final
Guía de Trámites de constitución
Listaxe de recursos
 
Ir ó páxina principal Capítulos do contido Anexos do documento Conclusións Autores do documento



voltar á paxina principal do capítulo


Antes de introducir un novo servizo no mercado, as nosas protagonistas saben que deben definir as súas características e indica-las posibles razóns polas que se demandará. As nosas emprendedoras, recoñecen que no mercado xa se atopan servizos da competencia que sustitúen ó propio e iso lévalles a pensar nas posibles vantaxes que pode supor a incorporación do seu proxecto para os usuarios.





Pilar - Pilar: “penso que deberamos facer un pequeno análise do mercado ó que nos imos dirixir para así defini-lo tipo de servizo que demandan os posibles usuarios/as”
Carme - Carme: “a min paréceme conveniente iniciar o noso traballo buscando fontes alternativas de información sobre o sector”.
Ana - Ana: “eu creo que dentro deste análise debemos incorporar o que fan outras garderías e escoals infantís da zona”



A análise do contorno é unha peza básica para posteriormente formular unha estratexia para acadar os obxectivos plantexados pero, ¿qué é unha estratexia?

A estratexia é un proceso que conxuga unha serie de regras que prevé que a decisión tomada é a óptima para cada momento.
Todo análise do contorno debe sentar as bases para a estructuración dun Plan de Márketing.

O Plan de Márketing, obrigará as nosas emprendedoras a:
-Reflexionar.
-Mellorar no emprego dos recursos necesarios.
-Medir o resultado dos resultados obtidos.

Os plans deben cumprir tres condicións:
-Ser formais (incorporalos a un documento cuio contido coñezan tódolos/as promotores/as). -Basearse na realidade.
-Establecer obxectivos alcanzables.

 
 
Ideas Cooperativas en Acción © www.cooperativasdegalicia.com