
As nosas protagonistas teñen claro que queren un traballo no que podan ser as súas propias xefas, tomar as súas propias decisións e non traballadoras por conta allea. Dalgún xeito están a decidi-la creación dunha empresa propia e colectiva, na que participar todas. O que no eido empresarial se define como sociedade.
seguir o contido desta historia
|

A decisión de creala nosa empresa de xeito colectivo obríganos a analizalas distintas posibilidades societarias existentes: sociedades civís, mercatís e de economia social. Entre as últimas atopámonos coa cooperativa de traballo asociado. As opinións das nosas protagonistas orientanse cara a responsabilidade compartida e a participación conxunta no proxecto, así que, sen dúbida, a súa empresa é unha cooperativa de traballo asociado.
seguir o contido desta historia
|

As cooperativas de traballo asociado son unha fórmula empresarial válida e recoñecida internacionalmente, a pesar de que en ocasións arrastran unha mala imaxe ou se maximizan os fracasos. O certo é que na cooperativa as persoas son o meolo. Por iso para ter boas cooperativas temos que ter boas e bos cooperativistas.
seguir o contido desta historia
|

Cando se fala de conceptos como solidaridade, participación, compromiso, equidade e responsabilidade, parece que estamos a falar de moral ou dunha ong, sen decatarnos de que forman parte da nosa vida cotiá máis do que cremos, só que non os expresamos verbalmente. No cooperativismo póñense en práctica constantemente porque forman parte dos seus principios de funcionamento.
seguir o contido desta historia
|

A cooperativa caracterízase polo principio de xestión democrática, porque cada persoa ten un voto e a diferencia das sociedades mercatís, o capital non determina o poder dos socios/as. Pero un concepto tan defendible como a igualdade pódese interpretar xerando desigualdade ou conflictos, pode levar a unha igualdade mal entendida, porque hai que ter claro en qué somos iguais - en dereitos e deberes na nosa condición de socio/a - e en que momento debemos exerce-la igualdade: na asemblea xeral.
seguir o contido desta historia
|

¿Cal pensan que son esas avantaxes da fórmula cooperativa? ¿Como comprenden cada unha delas? É importante falar a fondo destas cuestións para asegurar que todas están entendendo o mesmo. E así van entrar a concretar o que significa a filosofía cooperativa cando se leva á práctica para resolver unha necesidade tan central como a de emprego.
seguir o contido desta historia
|

O grupo promotor formado por Pilar, Ana e Carme xa ten definido o tipo de empresa que quere e tamén cal é o servizo que van prestar, pero cómpre que defina tamén como se vai organizar internamente para podelo facer co maior éxito, atendendo ás súas necesidades e expectativas laborais. Trátase de acadar un modelo organizativo propio: adaptado ao grupo e ás características da actividade empresarial.
seguir o contido desta historia
|

A pregunta agora é se son compatibles as súas visións dentro dun mesmo modelo de organización. Comparten un interese básico, pero tamén teñen diferencias de posturas que a fórmula cooperativa debe ser capaz de integrar.
seguir o contido desta historia
|

A empresa cooperativa conta cuns elementos de regulación xa establecidos (Lei 5/1998 de Cooperativas de Galicia) que o grupo ata o de agora no coñece en profundidade e que lle van servir de referencia tamén no plano organizativo. Sen saírse destes parámetros globais que a Lei marca, o grupo pode establecer as súas propias regulacións e proxectar, como xa dixemos, un modelo propio.
seguir o contido desta historia
|

Pilar, Ana e Carme len con máis detenemento o capítulo que a Lei dedica aos órganos sociais das cooperativas. Xa están pensando nos puntos que deben trasladar aos Estatutos, e tamén en debater algo máis cómo queren regular a súa participación nas decisións da cooperativa. O tamaño reducido do grupo vai ser un factor determinante á hora de optar por un modelo onde a asemblea é central.
seguir o contido desta historia
|

Ao mesmo tempo que van abordando o Plan de Viabilidade deste proxecto cooperativo, Carme, Ana e Pilar están anticipando decisións importantes que poden ir conformando xa os Estatutos Sociais da Cooperativa e o Regulamento de Réxime Interno.
seguir o contido desta historia
|

Unha vez xa se teñen anticipado ás cuestións básicas da organización social, cómprelles pasar a definir o modelo de organización productiva, é dicir, cómo van organizar o traballo. É difícil poñerse en situación cando non se ten a rodaxe da experiencia, pero van tentar despregar todas as tarefas que teñen que abordar.
seguir o contido desta historia
|

É necesario agora que fagan unha ordenación de todas esas funcións e tarefas en postos de traballo máis definidos. Sendo un grupo reducido, é fácil que xa se estean proxectando a si mesmas na definición dos postos. Seguir de forma sistemática a secuencia proposta é un positivo exercicio de toma de conciencia e valoración de todas as dimensións de traballo que implica este proxecto, que van moito máis alá do que é a actividade central (prestación de servizo de atención e coidado de nenos).
seguir o contido desta historia
|

É posible que o grupo promotor non teña suficiente información para afinar a definición dos postos: como aínda non teñen a experiencia práctica, non saben a carga de traballo que supón cada área, nin qué outras tarefas necesarias poden xurdir. Poden facer algo para atinar mellor: poñerse en contacto con algunha outra cooperativa ou empresa do mesmo sector (sempre que non se disputen o mesmo mercado).
seguir o contido desta historia
|

Finalmente, o coñecemento directo doutras experiencias homólogas e a conxunción de criterios de distinto tipo, lévaas a optar por unha definición de postos que outorga a todas unha dose de traballo directo (prestación de servizo) e unha dose de traballo indirecto (en distintas áreas de xestión).
seguir o contido desta historia
|

O conxunto de funcións e tarefas a desenvolver xa está despregado. Tamén o reparto destas funcións e os sistemas de asignación de responsabilidades, de traballo en equipo, etc. Seguro que cada unha delas xa sabe en que posto se situaría, pero queda aínda medir o axuste do perfil profesional do grupo promotor ao conxunto de responsabilidades que o proxecto lles esixe.
seguir o contido desta historia
|

De repente ás nosas amigas entroulles algo de medo. ¿Teñen que valorar as competencias e do desempeño profesional de si mesmas e das demais?. Por unha parte, resulta algo violento valorar aspectos dos demais. Por outra, todas as persoas somos sensibles e mesmo susceptibles ante as opinións que poidan ter de nós.
seguir o contido desta historia
|

A elaboración do Plan de Empresa está servindo xa para anticiparse a moitas cuestións que van aparecer cando o proxecto estea en marcha. Precisamente podelas falar e prever agora vai poñer ao noso grupo promotor en moitas mellores condicións de confrontalas no futuro. Son moitas as dimensións novas coas que se van atopar e cómpre ilas abranguendo paseniñamente.
seguir o contido desta historia
|

Da man do coñecemento e a utilización de elementos normativos (Lei, Estatutos...), e da construcción dun modelo organizativo propio, que o noso grupo xa avanzou, existe outro aspecto que pode incidir positivamente na viabilidade organizativa deste proxecto: dotarse de ferramentas para a práctica cotiá en aspectos que van ser centrais: a dinámica das xuntanzas, a comunicación e información, o traballo en equipo, a resolución de conflictos...
seguir o contido desta historia
|

O proxecto que se está forxando baséase na filosofía cooperativa. Por debaixo da dimensión empresarial, que é nova para todas as promotoras, existe tamén un elemento moi estimulante: un modelo de relación baseado na confianza e o compromiso mutuo, a cooperación e a comunicación.
seguir o contido desta historia
|

A área de organización introduce de cheo ás nosas promotoras no campo da xestión de persoal, só que adaptada ás particularidades das cooperativas. Despois de definir a estructura funcional e abordar a adaptación dos perfís profesionais a cada posto (a través da avaliación e da formación e mellora continua) quédalles prestar atención a un obxectivo máis: manter a motivación e implicación de cada unha das socias-traballadoras.
seguir o contido desta historia |
| |