Ir á axuda
 
Cómo empregar esta publicación
 
Material de utilidade
 
Documentos de interese
 
Mapa de contidos da publicación
PDF da publicación de Ideas Cooperativas
Plan de empresa resultado final
Guía de Trámites de constitución
Listaxe de recursos
 
Ir ó páxina principal Capítulos do contido Anexos do documento Conclusións Autores do documento



voltar á paxina principal do capítulo




A decisión de creala nosa empresa de xeito colectivo obríganos a analizalas distintas posibilidades societarias existentes: sociedades civís, mercatís e de economia social. Entre as últimas atopámonos coa cooperativa de traballo asociado.

As opinións das nosas protagonistas orientanse cara a responsabilidade compartida e a participación conxunta no proxecto, así que, sen dúbida, a súa empresa é unha cooperativa de traballo asociado.




Pilar - Pilar: “se imos por en marcha unha empresa entre as tres, todas debemos asumi-los riscos e as responsabilidades”.
Carme - Carme: “atopar un traballo en boas condicións tampouco é tan doado, así que mellor creámolo nós e garantímonos unha protección social que nesta actividade é difícil de conseguir. Ademáis ofrece-los servizos como empresa da mellor imaxe, á xente dalle máis seguridade”.
Ana - Ana: “esa vai sela única maneira de facelo, é máis fácil se unimos esforzos que facelo soa, así cubrirémonos carencias e ofreceremos máis garantias. Terémonos unhas a outras para dármonos ánimos e seremos tres cabezas a pensar e propor solucións ós problemas”.



Cooperar = actuar conxuntamente para acadar un fin.
Asociar traballo = unirse para traballar en equipo

A cooperativa de traballo asociado é, polo tanto, a unión de varias persoas para por en marcha  unha actividade, mediante o seu traballo persoal, que formalizan creando unha empresa que organizan e xestionan de acordo cos seus intereses.

Non é suficiente con implicarnos na cooperativa, é necesario que nos comprometamos. Ademáis o noso compromiso será dobre: co traballo e coa boa marcha da empresa, porque adquirimo-la condición de socias/os traballadoras/es.

Como as veces non é fácil ter clara a diferencia entre implicarse e comprometerse, velaí un exemplo simpático, que o aclara moi ben: "nunha tortilla de xamón, a galiña implícase pero o porco comprométese".


TRABALLO > COOPERACIÓN > COMPROMISO

 
 
Ideas Cooperativas en Acción © www.cooperativasdegalicia.com