Ir á axuda
 
Cómo empregar esta publicación
 
Material de utilidade
 
Documentos de interese
 
Mapa de contidos da publicación
PDF da publicación de Ideas Cooperativas
Plan de empresa resultado final
Guía de Trámites de constitución
Listaxe de recursos
 
Ir ó páxina principal Capítulos do contido Anexos do documento Conclusións Autores do documento



voltar á paxina principal do capítulo



Da man do coñecemento e a utilización de elementos normativos (Lei, Estatutos...), e da construcción dun modelo organizativo propio, que o noso grupo xa avanzou, existe outro aspecto que pode incidir positivamente na viabilidade organizativa deste proxecto: dotarse de ferramentas para a práctica cotiá en aspectos que van ser centrais: a dinámica das xuntanzas, a comunicación e información, o traballo en equipo, a resolución de conflictos...





Pilar - Pilar: “Eu as únicas xuntanzas nas que participei foron nunha comisión de festas e a verdade é que me pareceron algo caóticas”.
Carme - Carme: “Mirade, neste libro atopei algunhas suxestións que poden virnos ben”.
Ana - Ana: “Pois, polo que levamos visto, nós imos ter que facer asembleas e xuntanzas cada dous por tres, así que máis nos vale que non sexan caóticas”.



No desenvolvemento das reunións de traballo e dos órganos sociais, deben perseguirse tres niveis de obxectivos:

EFICACIA                - que estean ben analizados os problemas
                                   - que haxa bos criterios de valoración
                                   - que se tomen as decisións máis adecuadas
                                   - que se informe con claridade
                                   - que todos estes aspectos se resolvan no tempo fixado para a xuntanza

PARTICIPACIÓN   - escoitar e tomar en conta todas as opinións e suxestións
DEMOCRÁTICA     - que cada quen poida acceder a toda a información necesaria
                                   - que as decisións se tomen sen imposicións nin coaccións
                                   - decidir preferiblemente por consenso e, se non é posible, por votación

CORDIALIDADE E     - clima de relación agradable
COOPERACIÓN         - respecto mutuo, confianza e comunicación
                                   - resolución positiva dos conflictos

 
 
Ideas Cooperativas en Acción © www.cooperativasdegalicia.com