Ir á axuda
 
Cómo empregar esta publicación
 
Material de utilidade
 
Documentos de interese
 
Mapa de contidos da publicación
PDF da publicación de Ideas Cooperativas
Plan de empresa resultado final
Guía de Trámites de constitución
Listaxe de recursos
 
Ir ó páxina principal Capítulos do contido Anexos do documento Conclusións Autores do documento



voltar á paxina principal do capítulo




As nosas protagonistas teñen claro que queren un traballo no que podan ser as súas propias xefas, tomar as súas propias decisións e non traballadoras por conta allea. Dalgún xeito están a decidi-la creación dunha empresa propia e colectiva, na que participar todas. O que no eido empresarial se define como sociedade.




Pilar - Pilar: “eu non teño experiencia laboral e moito menos empresarial. O de ser empresaria dame un pouco de medo, é un risco e unha dobre responsabilidade porque imos ter que traballar e xestionar nós”.
Carme - Carme: “a min tamén me gusta a idea, non será tan complicado se o facemos entre as tres: eu teño experiencia no traballo, Pilar ten formación especializada e Ana experiencia en administración. Coido que nos complementamos bastante e podemos formar un bo equipo. Ana é nai, eu xa traballei nesto e todas temos familiares ou coñecidos/as que precisan dun servizo como o noso, así que tampouco descoñecemolas necesidades dos/as posibles clientes”.
Ana - Ana: “pois a min atráeme a idea. Eu xa fun empregada e é certo que é máis cómodo pero tamén tes que atura-lo teu. Para ser empresaria tampouco fai falla ser premio nobel, o importante é ter ilusión e tomalo en serio. O que non saibamos podémolo aprender, hai distintos servizos de orientación e asesoramento que nos poden botar unha man”.



É importante loitar por unha idea e sentirse capaces de levala a cabo. Para poder sacala adiante o primeiro é ter o desexo firme de querer facelo. A ilusión de por en marcha algo noso é o combustible ecolóxico que fará camiña-lo noso proxecto, pero que as ganas non nos confundan: non fagamos como a leiteira do conto nen pensemos que todo vai ser doado e, moito menos, inmediato. O noso compromiso debe ser ilusionante pero tamén realista e serio.

Que non nos enganen nin nos enganemos: ter a nosa empresa vai esixir traballo extra para organizarnos, para decidir quen e como se fan as cousas, asignando responsabilidades claras e tomando decisións que van ter consecuencias, as veces positivas e outras non tanto. Nosa será tamén a satisfacción de facelas ben e o disgusto de facelas non tan ben.


IDEA > INFORMACIÓN > ASESORAMENTO

 
 
Ideas Cooperativas en Acción © www.cooperativasdegalicia.com