Ir á axuda
 
Cómo empregar esta publicación
 
Material de utilidade
 
Documentos de interese
 
Mapa de contidos da publicación
PDF da publicación de Ideas Cooperativas
Plan de empresa resultado final
Guía de Trámites de constitución
Listaxe de recursos
 
Ir ó páxina principal Capítulos do contido Anexos do documento Conclusións Autores do documento



descarga dende aquí un documento onde se profundiza no caso das Cooperativas de Traballo Asociado e as súas características.



Unha primeira posta en común das razóns polas que as nosas tres protagonistas deciden asumir o risco de por en marcha un proxecto de autoemprego colectivo descóbrenos que as súas motivacións e compromiso co proxecto son bastante coincidentes, se ben con algunhas diferencias lóxicas





Pilar Pilar: “eu quero conseguir un posto de traballo que me permita poñer en práctica ós meus coñecementos e desenvolverme profesionalmente nunha actividade que me gosta”
Carme Carme: “eu quero centrar e formalizar a miña actividade laboral, porque ata o momento veño facendo este traballo sen asegurar e de xeito un pouco precario”
Ana Ana: “únome ó proxecto porque me gosta a idea, porque quero ser a miña propia xefa e tamén porque necesito un traballo que me permita incrementar os ingresos familiares”



É fundamental que os obxectivos, a motivación e o compromiso co proxecto sexa o máis coincidente posible, porque se non é así é moi probable que nun futuro próximo xurdan problemas e conflictos entre as socias.

Se as motivacións son distintas, as expectativas serán distintas é resulta dificil cumprir tódalas expectativas cando non son coincidentes. Isto pode conducir á frustración e o desencanto.

Se os compromisos non son firmes, a cadea romperá polo eslabón máis feble e isto pode levar consigo problemas moi graves de tipo organizativo.

É moi importante polo tanto poñer en común todos estos aspectos, tratando de respostar a preguntas concretas: que espero, porque estou aquí, marcharía se, os meus obxectivos económicos son, os meus obxectivos profesionais son, etc..

OBXECTIVOS > MOTIVACIÓN > COMPROMISO

 
 
Ideas Cooperativas en Acción © www.cooperativasdegalicia.com