
A vocación, a experiencia e as tendencias do mercado a medio e longo prazo son as fontes das que xurden as ideas. A vocación ou o que é o mesmo os gustos, as aficións, os hobbies, o que nos interesa e polo que nos preocupamos son determinantes á hora da xeración de ideas de empresa.
A experiencia profesional, os coñecementos e o bagaxe sobre unha determinada actividade ou actividades permiten detectar carencias e necesidades.
As tendencias do mercado son fundamentais para que actividade poda ter continuidade no tempo. Un bó producto ou servizo é o que atende necesidades, pero tamén o que ten demanda.
Pero o que de verdade é determinante á hora de por en marcha algo é a iniciativa libre e conscente. O futuro non é determinado,ten múltiples opcións e está na man das persoas levar adiante as súas ideas ou deixalas esmorecer.
IDEA > INICIATIVA > IMPULSO
|