 ESTE CURSO ENMÁRCASE NA OFERTA FORMATIVA DO CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVAS PARA O ANO 2008.
 Este curso de Habilidades Sociais en Cooperativas Avanzado forma parte da oferta formativa do do Consello Galego de Cooperativas para o ano 2008.
Para realizar os cursos, o alumnado deberá dispoñer dunha conexión a internet de 1 Mb ou superior e un enderezo de correo electrónico.
 Coñecer e empregar estratexias e técnicas de negociación e resolución de conflictos nas situacións que poidan xurdir no seo da cooperativa. Aplicar o proceso da toma de decisións a situacións concretas e reais. Coñecer as vantaxes de traballar en grupo e seu funcionamento. Coñecer e utilizar as técnicas para realizar unha boa planificación e administración do tempo . Planificar, organizar e dirixir unha asemblea tanto do equipo directivo como de socios e socias. Coñecer que é un líder analizando os roles e funcións que desempeña dentro dunha organización.
 Os cursos diríxense prioritariamente á cooperativistas, empregados/as de cooperativas, persoas implicadas en grupos promotores e, no caso de que haxa prazas dispoñibles, todas aquelas persoas interesadas nesta formación.
 UD.1 Análise e Resolución do Conflito.
UD. 2: A Toma de Decisións.
UD. 3: O Traballo en Grupo.
UD.4: Xestión do Tempo e Organización de Reunións de Traballo.
UD.5: Liderado.
 O criterio de valoración basearase na participación do alumnado no curso a través das ferramentas de comunicación e autoavaliación das que dispón a plataforma, a realización axeitada das actividades propostas pola titora , a resolución das probas de avaliación e a participación nas sesións presenciais.
 Darase prioridade a entrada ao curso as persoas socias e traballadoras de entidades cooperativas e de economía social.
 Participación nos foros.
Resolución axeitadas das actividades prácticas propostas pola titora.
Realización das probas de avaliación e autoavaliación contidas nos materiais formativos e na plataforma
Superar o exame de contidos ou o caso final proposto.
Participación nas sesións presenciais.
 Para mais información contacte co 697 877 773.
|