Viaxe de estudos Festival fin de curso Campionato deportivo Xornal
Páxinas web Programa de radio Obra de teatro  

Adeus ríos, adeus fontes
Organizar un festival de fin de curso

OBXECTIVOS:

Cando organizades un festival de fin de curso pretendedes m ostrar algunhas das aprendizaxes que realizastes ao longo do curso, e tamén esa outra parte que non se ve habitualmente no centro, esas actividades e afeccións que desenvolvedes no voso tempo libre. Deste xeito os obxectivos que tratamos de acadar con esta actividade poden ser:

  • Desenvolver o espírito emprendedor, o sentido crítico e a iniciativa persoal.
  • Desenvolver a confianza en si mesmo e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.
  • Afianzar o sentido do traballo en equipo e valorar as perspectivas, experiencias e formas de pensar dos outros.
  • Compartir entre todas as persoas que forman o centro un momento especial, que se ademais coincide co remate dunha etapa é especialmente emotivo.
  • E, por suposto, despedir o curso dun xeito lúdico e divertido

TAREFAS:

As tarefas a desenvolver para organizar un festival son múltiples e de moi diferente tipo, polo que todos podedes participar:

  • Atender ás cuestións de tipo técnico: iluminación, megafonía, etc.
  • Realizar a decoración e preparación do escenario.
  • Establecer o guión do festival e decidir a orde na que irán aparecendo as diferentes actuacións e a duración de cada unha.
  • Presentalo e animalo.
  • Organizar os aspectos relativos á asistencia do público tendo en conta o espazo do que dispoñemos.
  • Preparar e ensaiar as actuacións que se realizarán: pequenas representacións teatrais , actuacións musicais, entregas de premios e trofeos de concursos e actividades realizadas durante o curso, etc..
  • Facer un cartel que anuncie o festival.
  • Solicitar a autorización correspondente ao Consello Escolar, previndo a data e a hora máis apropiada para realizalo.

RECURSOS:

¿Como é o voso centro?, ¿ten un salón de actos cun escenario como o de Luar, ou é unha aula de grupo reciclada para esta función?, ¿Hai un equipo de luces e son co que podería actuar Carlos Núñez ou non tedes ningún? Está claro que dependendo da situación de partida os recursos que deberedes obter serán diferentes, pero o máis importante de todos será sempre o enxeño para conseguilos.

  • Iluminación e megafonía.
  • Decoración do salón de actos ou do lugar onde se vaia realizar o festival.
  • A roupa e os decorados para as representacións.
  • Os agasallos para os premiados e homenaxeados.
  • Etc.

Os recursos económicos poderedes obtelos por diferentes vías:

  • Dos propios do centro escolar.
  • Das ANPAS
  • Do Concello
  • Dalgúns centros comerciais.
  • etc.

Algunhas empresas poden colaborar con contribucións en especie, por exemplo unha florería pode aportar adornos florais, unha librería pode aportar material escolar para os agasallos, etc.

REUNIÓNS:

Conforme se aproxime o momento da realización do festival teredes que realizar diferentes reunións para comprobar se cada un dos grupos que se encargou de realizar unha tarefa a ten realizada ou é preciso facer algún cambio sobre a planificación inicial, se tedes os recursos precisos ou é posible obtelos, se contades cos recursos técnicos precisos para realizalo, se todas as actuacións previstas poderán realizarse, se apareceron novas actuacións ou hai que eliminar algunha, etc.

Ademais das reunións de todos os participantes teredes que realizar outras reunións dos pequenos grupos encargados de realizar as diferentes tarefas.

Os grupos que teredes que constituír poden ser, entre outros:

  • Un para deseñar o cartel do festival.
  • Outro para realizar todos os trámites administrativos: solicitude ao Consello Escolar, solicitude de económica a algunha institución, etc.
  • Cada unha das actuacións terá que realizar os ensaios necesarios, constituíndo cada unha delas un grupo específico.

REALIZACIÓN:

Agora disfrutade co festival, pero... ¿non sería unha magoa que non quedara lembranza ningunha deste día? Pois, porque non facer unha memoria gráfica do mesmo, alguén podería realizar a reportaxe fotográfica ou videográfica, e despois incorporala á memoria do centro, ou ben incluír as fotos na revista do centro, ou na súa páxina web , ou expoñelas en carteis, ou proxectar o vídeo nos recreos. Uff! Este debe ser o primeiro paso para chegar a Hollywood!!.