A xogar!
Organizar un campionato deportivo
OBXECTIVOS:
Un campionato deportivo, como calquera práctica deportiva, cumpre diferentes obxectivos:
- Desenvolver o espírito emprendedor, o sentido crítico e a iniciativa persoal.
- Desenvolver a confianza en si mesmo e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.
- Afianzar o sentido do traballo en equipo e valorar as perspectivas, experiencias e formas de pensar dos outros.
- Desenvolver as capacidades físicas.
- Aprender a traballar en equipo.
- Aprender a superar as dificultades.
- Valorar o esforzo.
- Disfrutar como público dun espectáculo.
- Coñecer o funcionamento do propio corpo.
- Afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais.
- Favorecer o desenvolvemento persoal e social.
- Valorar criticamente los hábitos sociais relacionados coa saúde.
- Relacionarse cos demais sen violencia e resolver pacificamente os conflictos.
TAREFAS:
O máis normal e organizar un ou varios equipos por grupo clase, polo que é frecuente que a organización se leve por medio de un representante de cada un dos equipos.
- Solicitar as autorizacións correspondentes.
- Obter o material preciso: pista polideportiva ou lugar onde se van celebrar as competicións, balóns, taboleiros ou recursos precisos para o campionato, etc. En moitos dos casos simplemente será preciso solicitalos no propio centro.
- Establecer o calendario.
- Establecer as normas básicas da competición. Aínda que as normas e regras do deporte están establecidas de forma oficial, as peculiaridades da nosa situación implican moitas veces que se fagan adaptacións en función da duración dos recreos ou do horario no que se vai desenvolver o campionato.
- Nomear aos árbitros para cada un dos partidos.
- Establecer o sistema de recollida dos resultados e anotación da clasificación.
RECURSOS:
Como xa sinalamos, cando comentamos as tarefas a desenvolver, seguramente os recursos precisos para organizar un campionato deportivo os tedes xa no propio centro, polo que dependendo do nivel que lle queirades dar ao mesmo, deberedes pensar só en solicitar a pista, un balón e petos ou camisetas para distinguir aos equipos. Finalmente pode ser interesante pensar en trofeos para os participantes ou gañadores, neste caso si que teriades que pensar en poñervos en contacto con algún centro comercial que os puidese aportar.
REUNIÓNS:
Para este tipo de actividade o número de reunións será só o imprescindible para establecer o calendario, o tipo de competición (liguiña, eliminatoria, ou calquera outro tipo) e as normas que se empregarán.
REALIZACIÓN:
Durante a realización teredes que:
- Recoller os resultados dos diferentes encontros.
- Actualizar a clasificación.
- Facer pública a clasificación.
- Tamén sería conveniente recoller os documentos gráficos que permitiran darlle a publicidade necesaria a este tipo de actividade, incorporándoa nunha páxina web ou na revista do centro.
|