inicio


Castelán Galego
Cooperativismo
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Formación
 Bolsa Cooperativa
 Servizos

USUARIO
 

CLAVE



Cooperativas de Galicia 

Inicio
As Cooperativas  |  Persoas que a Forman  |  Os Seus Órganos Socias  |
  O seu Réxime Económico   | A súa Constitución   | As Medidas de Apoio   | 
Direccións de Utilidade   | Descargas  

¿Que é unha cooperativa?

A cooperativa é unha sociedade de capital variable que, a través do exercicio de actividades socioeconómicas, desenvolve unha empresa de propiedade conxunta de tódolos socios. A súa finalidade consiste en prestar servicios e satisfacer necesidades e aspiracións dos seus socios, mediante a súa participación activa e en interese pola comunidade. Contan cunha estructura e xestión democráticas, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, distribuíndose os resultados económicos en función da actividade cooperativizada realizada. Calquera actividade económico-social poderá desenvolverse mediante unha sociedade cooperativa. As cooperativas teñen que se axustar no seu funciona-mento ós principios formulados pola Alianza Cooperativa Internacional:


I. Adhesión voluntaria e aberta
As cooperativas son organizacións voluntarias, abertas a tódalas persoas capaces de utiliza-los seus servicios e dispostas a acepta-las responsabilidades de ser socio, sen discriminación social, política, relixiosa, racial ou de sexo.


II. Xestión democrática por parte dos Socios
As cooperativas son organizacións xestionadas democráticamente polos socios, que participan activamente na fixación das súas políticas e na toma de decisións. Os homes e mulleres elixidos para representar e xestiona-las cooperativas son responsables ante os socios. As cooperativas están organizadas de xeito democrático.


III. Participación económica dos socios
Os socios contribúen equitativamente ó capital das súas cooperativas e xestionan de xeito democrático. Polo menos unha parte dos activos é por regla xeral, propiedade común da cooperativa. Normalmente reciben unha compensación, se existe, limitada sobre o capital entregado como condición para ser socio. Os socios asignan os excedentes para todos ou algún dos seguintes fins: ó desenvolvemento da cooperativa, á constitución de reservas, das que, polo menos unha parte sería indivisible, ó beneficio dos socios en proporción ás súas operacións coa cooperativa, e co apoio doutras actividades aprobadas polos socios.


IV. Autonomía e independencia

As cooperativas son organizacións autónomas de autoaxuda, xestionadas polos seus socios. Se asinan acordos con outras organizacións, incluídos os gobernos, ou se acadan capital de fontes externas, fano en termos que aseguren o control democrático por parte dos seus socios e manteñan a súa autonomía cooperativa.


V. Educación, formación e información
As cooperativas proporcionan educación e formación ós socios, ós representantes elixidos, ós directivos e ós empregados para que poidan contribuír de xeito eficaz ó desenvolvemento das súas cooperativas. Informan ó gran público, especialmente á mocidade e ós lideres de opinión, da natureza e beneficios da cooperativa.


VI. Cooperación entre cooperativas
As cooperativas serven ós seus socios o máis eficazmente posible e fortalecen o movemento cooperativo traballando conxuntamente mediante estructuras locais, nacionais, rexionais e internacionais.


VII. Interese pola comunidade
Ó mesmo tempo que se centran nas necesidades e nos desexos dos socios, as cooperativas traballan para acada-lo desenvolvemento sostido das súas comunidades segundo os criterios aprobados polos socios.


Clases de cooperativas

As cooperativas clasifícanse en:
. cooperativas de traballo asociado
. cooperativas agrarias
. cooperativas de explotación comunitaria da terra
. cooperativas de consumidores e usuarios
. cooperativas de servicios
. cooperativas de transportistas
. cooperativas do mar
. cooperativas de explotación dos recursos acuícolas
. cooperativas de vivendas
. cooperativas de ensino
. cooperativas de integración social
. cooperativas de servicios sociais
. cooperativas de crédito
. cooperativas de seguros
. cooperativas sanitarias


Debe terse en conta que, para certos supostos, a Lei de cooperativas de Galicia establece determinadas asimilacións. Así, cando a cooperativa asocia a persoas que aportan o seu traballo persoal, complementariamente . A regulación específica da clase de cooperativa que se trate, tamén lle resulta aplicable a normativa de cooperativas de traballo asociado.

Para o cumprimento e desempeño de fins comúns de índole económico, dúas ou máis cooperativas poderán constituir cooperativas de segundo grao.

Así mesmo, para a defensa e promoción dos seus intereses, as cooperativas poderán asociarse libre e voluntariamente en unións, federacións e confederacións de cooperativas.



Os estatutos sociais

Os estatutos sociais, que son obrigatorios, regulan a estructura e funcionamento interno da sociedade cooperativa, debendo regular unha serie de aspectos que a lei esixe como contido mínimo obrigatorio e que poden agruparse como: de identificación e ámbito, de estructura social, de goberno e xestión da sociedade, e de xestión económica e financieira. Así mesmo, poderán conter aqueloutras normas que os socios teñan por convinte, sempre que non resulten contrarias a lei.

Ó longo da vida da sociedade, os estatutos poderán modificarse coas formalidades previstas na lei, sendo necesaria a posterior inscrición da modificación estatutaria segundo os trámites previstos no Regulamento de Rexistro de Cooperativas.



O regulamento de réxime interno

Como instrumento áxil que plasme as relacións internas, a cooperativa pode ter un regulamento de réxime interno. Os socios teñen plena autonomía para establece-lo seu contido, sempre que o mesmo non contradiga nin ós estatutos sociais nin á lei, podéndose establecer no mesmo cuestións tales como tipificación de faltas leves, organización do traballo, organigramas empresariais, etc.



A regulación legal en Galicia

Galicia ten competencia exclusiva en materia de cooperativas en virtude da transferencia feita pola Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro (BOE 28.12.95), que ampliou a competencia orixinaria recollida no art. 28.7 do Estatuto de Autonomía. Con data 30.12.98 no DOG nº 251, publicouse a Lei 5/1998 do 18 de decembro de cooperativas de Galicia (Ir a Asesoría Virtual) que desde a súa entrada en vigor, o primeiro de marzo de 1999, regula as sociedades cooperativas galegas. En desenvolvemento das previsións contidas na lei galega, publicáronse os seguintes decretos:
  • Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e funcionamento do Consello Galego de Cooperativas (DOG nº 27, do 07.02.01). Ver o Decreto 25/2001
  • Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia (DOG nº 31, do 12.02.02). Ver o Decreto 430/2001

Cómpre citar, así mesmo, que o réxime fiscal das cooperativas, materia que non foi obxecto de transferencia, está contido fundamentalmente na Lei 20/1990, do 19 de decembro (BOE 20.12.90). Ver Lei 20/1990





 

 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Novas de prensa

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Estatísticas
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría
Foro

Formación

Cursos presenciais

Teleformación cooperativa
Aula virtual

Bolsa Cooperativa

Bolsa de emprego

Bolsa de socios
Área de emprendedores

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Ideas Cooperativas en Acción
Día do Cooperativismo Galego 2007
Día do Cooperativismo Galego 2008
Día do Cooperativismo Galego 2009
Día do Cooperativismo Galego 2010
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación

Proxectos Europeos
Nexus Rede
Proxecto DESQOOP


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE